Educación ratifica a súa vontade de convocar oposicións ao propoñer 1.043 novas prazas

A mesa sectorial do ensino debateu hoxe a distribución de prazas en cada unha das 25 especialidades xa anunciadas

O director xeral de Centros explicou que, deste xeito, todo o proceso no ámbito autonómico queda preparado, supeditado a que o Estado aporte a seguridade xurídica necesaria para evitar incertezas nos opositores

Xov, 02/03/2017 - 15:31
Educación ratifica a súa vontade de convocar oposicións ao propoñer 1.043 novas prazas

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ratificou hoxe a súa vontade de convocar oposicións este ano unha vez se dean as condicións de seguridade xurídica necesarias. Por isto, e co fin de avanzar na tramitación interna da convocatoria e así ter todo preparado para cando se desbloquee a situación a nivel nacional, o departamento educativo da Xunta de Galicia presentou diante da mesa sectorial do ensino non universitario unha proposta de convocatoria de oposicións con 1.043 novas prazas, o que demostra a aposta clara da Consellería pola estabilidade laboral do profesorado galego.

Tras avanzar a principios de febreiro que se convocarían prazas en 25 especialidades, hoxe propúxose unha Oferta de Emprego Público (OPE) en Educación para este 2017 composta por 540 para profesores de ensino Secundario, 80 para profesores técnicos de formación profesional, 400 para mestres en todas as especialidades e 23 para profesores de música e artes escénicas.

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, explicou que a Consellería continúa traballando no ámbito da súa competencia, pero a incerteza que está causando o actual bloqueo aos Presupostos Xerais do Estado impide que se poida sacar a convocatoria nestes momentos. Neste sentido, subliñou que todo o proceso interno no ámbito autonómico está preparado, pero supeditado a que o Estado aporte a seguridade xurídica necesaria.

En canto aos prazos, afirmou que unha vez se despexe a situación a nivel nacional sacarase a convocatoria, para poder celebrar as oposicións, ao igual que outros anos, xusto despois de que finalicen as clases. Cómpre lembrar que as oposicións afectan ao traballo dos opositores e da propia Administración, e polo tanto teñen que convocarse e desenvolverse nas máximas condicións de seguridade xurídica. A distribución de prazas queda así:

CORPO

ACCESO

INGRESO

TOTAL

Profesores de ensino secundario

108

432

540

Profesores técnicos de formación profesional

--

80

80

Mestres

--

400

400

Profesores de música e artes escénicas

23

--

23

TOTAL

131

912

1.043

 

Especialidade

Prazas A2-A1

libre

Total

 

Profesores de ensino secundario

 

Lingua Castelá e Literatura

12

50

 

Xeografía e Historia

13

50

 

Matemáticas

20

80

 

Física e Química

13

50

 

Bioloxía e Xeoloxía

9

30

 

Inglés

12

50

 

Educación Física

5

20

 

Lingua Galega e Literatura

12

50

 

Análise e Química Industrial

3

15

 

Asesoría e Imaxe Persoal

3

12

 

Hostalaría e Turismo

3

15

 

Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica

3

10

 

TOTAL

108

432

540

Profesores técnicos de FP

Cociña e pastelería

 

10

 

Equipos Electrónicos

 

18

 

Laboratorio

 

14

 

Mantemento de vehículos

 

18

 

Sistemas e Aplicacións Informáticas

 

20

 

TOTAL

-

80

80

Mestres

Educación Infantil

 

50

 

Lingua estranxeira: Inglés

 

45

 

Lingua estranxeira: Francés

 

20

 

Educación Física

 

35

 

Música

 

35

 

Pedagoxía Terapéutica

 

80

 

Audición e Linguaxe

 

70

 

Educación Primaria

 

65

 

TOTAL

-

400

400

Profesores de Música e Artes Escénicas

Especialidade

Prazas
A1-A1

libre

Total

Acordeón

2

 

 

Clarinete

2

 

 

Guitarra

2

 

 

Frauta Traveseira

1

 

 

Óboe

1

 

 

Piano

5

 

 

Viola

1

 

 

Violín

2

 

 

Violoncello

1

 

 

Linguaxe Musical

6

 

 

TOTAL

23

-

23

Por outro lado, na mesa sectorial tamén se deu o visto e prace á orde pola que se convoca o concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos, que se mantén invariable con respecto á aprobada o ano pasado.