O conselleiro de Educación percorre as instalacións do CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove, en Lugo
Xesús Vázquez Abad comprobou as reparacións realizadas na cuberta de tella do centro e recordou a próxima adaptación do elevador
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou hoxe pola tarde o CEIP Pedro Caselles Rollán, no concello lucense de Xove. Un percorrido co que continúa a comprobar de primeira man as necesidades educativas dos centros galegos, tal, e como fixera está maña no o CEIP Ramón Otero Pedrayo, no concello de Rábade.
Durante o percorrido Vázquez Abad comprobou o estado das instalacións do centro e recordou que “no presente ano xa se reparou a cuberta de tella”, e engadiu que “esta previsto que se realice a adaptación do elevador”. En total a Consellería leva realizadas obras de mellora, nos últimos anos, no recinto educativo por valor de máis de 80.000 euros, entre as que se inclúen a adecuación e iluminación da pista cuberta e as melloras eléctricas, e que van a prol do benestar dos 177 estudantes do colexio.
O conselleiro que tamén estivo na biblioteca escolar, recordou a importancia destes espazos e destacou que “grazas a colaboración dos equipos docentes os escolares poden aproveitar de forma satisfactoria as bibliotecas. E, cómpre destacar que, neste centro, a Consellería leva investidos máis de 10.000 euros neste espazo, que ademais pertence ao Plan de Mellora de Bibliotecas desde o ano pasado”.
Ao longo do percorrido o conselleiro estivo acompañado pola directora do centro, Paula López Otero, e o equipo docente do centro. Ademais tamén estiveron presentes a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e polo xefe territorial de Educación, José Jesús Ramos Ledo.
Con esta visita o conselleiro coñeceu ademais nestes encontros os intereses e inquedanzas da comunidade educativa do CEIP, ao tempo que volve a dar conta do obxectivo destas visitas que é así poñer de manifesto a apoio da Consellería de Educación a todos os centros de ensino de Galicia, achegándose para iso ás súas realidades diarias.