Anxo Lorenzo preside o encontro dos centros de estudos galegos de Gran Bretaña e Irlanda

O responsable de Política Lingüística salientou que a posibilidade de estudar galego en universidades destes países contribúe de maneira fundamental á difusión exterior do idioma e á investigación lingüística

Ven, 04/03/2011 - 17:00
Anxo Lorenzo preside o encontro dos centros de estudos galegos de Gran Bretaña e
Anxo Lorenzo preside o encontro dos centros de estudos galegos de Gran Bretaña e Irlanda

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presidiu hoxe en Oxford o encontro dos centros de estudos galegos de Gran Bretaña e Irlanda. Na xornada, que se desenvolveu no Queen’s College, participaron os responsables e os lectores e as lectoras dos centros de estudos galegos das universidades de Oxford, Birmingham, Bangor e Cork.

Durante a encontro, Anxo Lorenzo salientou que a posibilidade de estudar a lingua, a literatura e a cultura galegas en universidades de Gran Bretaña e Irlanda é “unha realidade consolidada que leva contribuído de maneira fundamental á aprendizaxe do galego, á súa proxección exterior e á investigación lingüística desde perspectivas diversas”.

Tamén tivo ocasión de compartir as necesidades e intereses destes centros, así como as iniciativas que se están a desenvolver nestas universidades e os proxectos nos que se está a traballar a prol da lingua, da literatura e da cultura galegas.

Significativa rede de centros universitarios de estudos galegos

O Goberno de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, está a impulsar un importante labor de difusión exterior da lingua, literatura e cultura galega, a través do manetemento e o apoio dunha significativa rede de centros universitarios de estudos galegos e de lectorados en España, Europa e América, un total de 40 na actualidade.

As universidades de Oxford, Birmingham e Bangor, en Gran Bretaña, e a Universidade de Cork, en Irlanda, preparan nestes momentos un importante número de estudantes e de investigadores interesados pola lingua e pola cultura galegas.

65 alumnos e alumnas estudan galego no Instituto Cañada Blanch de Londres

No caso de Gran Bretaña, cómpre mencionar tamén o interese pola realidade lingüística e cultural por parte do Instituto Español Cañada Blanch de Londres. O secretario xeral de Política Lingüística visitou onte o centro, onde un total de 65 alumnos e alumnas desde a educación primaria ata o bacharelato estudan lingua galega.

Menús News node R

Colectivo