O espazoAbalar ponse hoxe a disposición de todos os centros educativos de Galicia

O conselleiro de Educación comprobou o acceso a este portal web desde o IES As Fontiñas

Mér, 02/03/2011 - 14:01
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, compr
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, comprobou esta mañá no IES As Fontiñas, en Santiago de Compostela, o funcionamento do acceso ao espazoAbalar

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, comprobou esta mañá no IES As Fontiñas, en Santiago de Compostela, o funcionamento do acceso ao espazoAbalar, que a partir de hoxe está dispoñible para todos os centros educativos de Galicia que impartan Educación Infantil, Primaria, Secundaria Obrigatoria ou Bacharelato –e non só para os inseridos no ProxectoAbalar, como ata o momento-.

Tal e como explicou o conselleiro, coa apertura do espazoAbalar dáse un paso máis nunha das iniciativas máis innovadoras da Consellería de Educación, como é o seguimento personalizado da vida académica do alumnado que se pode facer a través deste portal, ampliando o acceso a todas as familias do alumnado dos centros educativos galegos que imparten as ensinanzas antes mencionadas. Esta é unha das iniciativas do Proxecto Abalar, a estratexia de integración das TIC no sistema de ensino galego que está a desenvolver a Xunta.

O espazoAbalar conta co espazoProfesores, que facilita a comunicación dos docentes cos pais ou titores do alumnado,  e o espazoFamilias, que  achega as familias máis información sobre a vida académica dos seus fillos.

Visita ao IES As Fontiñas

Na súa visita a este centro, no que estudan 599 alumnas e alumnos, o conselleiro de Educación anunciou que está previsto que nas vindeiras semanas se realicen no instituto o arranxo das celdas do centro de transformación, o que suporá un investimento de máis de 15.600 euros por parte da Consellería.

Declaracións do conselleiro de Educación