A Consellería asina un acordo coa fundación REPSOL para o apoio á literatura en galego cunha nova edición do premio narrativa breve

Xesús Vázquez Abad destacou que “este convenio ten como obxectivo a promoción do galego”

Mér, 02/03/2011 - 12:54
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o v
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o vicepresidente da Fundación Repsol, César Gallo Erena, asinaron hoxe un acordo para o apoio á literatura en galega cunha nova edición do Premio Narrativa Breve

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o vicepresidente da Fundación Repsol, César Gallo Erena, asinaron hoxe un acordo para o apoio á literatura en galega cunha nova edición do Premio Narrativa Breve.

O convenio ten como obxectivo a promoción do galego e o fomento da creatividade nesta lingua a través da narración. E en torno a isto hoxe realizase a convocatoria e o desenvolvemento do Premio Narrativa Breve Repsol. Segundo o asinado realizase a organización, xestión e execución das actividades relativas ao galardón.

En relación e isto o conselleiro transmitiu o seu agradecemento á Fundación por “un ano máis, demostrar o seu compromiso con Galicia e co desenvolvemento e promoción da nosa lingua”, asemade recordou que “este concurso está a afianzarse como un dos referentes para os escritores en galegos, que teñen aquí unha gran oportunidade de dar a coñecer a súa obra”.

Pola súa banda o vicepresidente da Fundación Repsol dixo que a institución “ven apoiando distintas iniciativas no ámbito cultural galego como este galardón, que  enmarcase no compromiso de Repsol “coa mellora sostida das sociedades nas que desenrola as súas actividades industriais e empresariais”. E agradeceu á Consellería de Educación ”o impulso e o apoio prestado a este proxecto”.

No acto celebrado na Consellería de Educación tamén estiveron presentes Luis Llamas,  Director da Refinería de Repsol na Coruña e Ignacio Trapiella, Subdirector de Personas y Organización.

O premio

Deste xeito todos aqueles que desexen concorrer a este premio deberan enviar os seus escritos antes do 22 de xullo á Refinaría de Repsol en A Coruña. Deben ser obra orixinais e inéditas dun mínimo de 50 folios e un máximo de 120.

O xurado, conformado por un representante da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación; outro da Fundación Repsol, un da Real Academia Galega, outro da Asociación de escritores en Lingua Galega, e un da Editorial Galaxia. Os cinco membros darán a coñecer, en setembro o nome da obra e o autor gañador, que recibirá 9.000 euros e verá como ó seu escrito terán un difusión de ata 1.500 exemplares.

Na primeira edición, en 2006, o xornalista Miguel Sande fíxose con este galardón pola súa obra Se algún día esta muller morta e Xavier Lama, profesor da USC e xornalista, acadou un accésit por O insomnio dos centauros. A gañadora da segunda edición foi a obra Así nacen as baleas, da escritora Anxos Sumai. Na terceira edición, en 2008, o narrador, dramaturgo e debuxante humorístico Xosé Luís Martínez Pereiro obtivo o galardón polo traballo A verdade como mal menor. E, na pasada edición o premio foi para o escritor galego, Xurxo Sierra, nacido en Caracas, pola súa obra ´Os Fíos´.

Con este convenio a Consellería volve a demostrar o seu compromiso coa difusión do galego e por manter todas as medidas precisas para garantir o seu uso, a través da promoción de acción como o acordo asinado hoxe.