O conselleiro de Educación comprobou o desenvolvemento das obras no IES Gamallo Fierros de Ribadeo

A Consellería investirá máis de 1,8 millóns de euros en melloras neste centro educativo

Mar, 01/03/2011 - 14:28

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou hoxe pola mañá as instalacións do IES Dionisio Gamallo Fierros, en Ribadeo, para comprobar o desenvolvemento das obras de mellora que a Consellería está desenvolver neste centro por un importe de máis de 1,8 millóns de euros. Ademais a Consellería investiu xa máis de 6.00 euros en reparación da electricidade deste centro.

O conselleiro de Educación destacou o importante esforzo económico que estas obras supoñen para a Consellería en tempos de crise, unhas melloras das que se beneficiarán os 214 escolares de ESO, Bacharelato, ciclos formativos e programas de cualificación inicial, e os 63 alumnos de ensinanzas de adultos que cursan estudos neste instituto.

No seu percorrido Vázquez Abad estivo acompañado polo xefe territorial de Educación na provincia, José Jesús Ramos Ledo; e por membros da do equipo directivo e da comunidade educativas do IES.

Reforma e ampliación

Cun orzamento superior aos 1,8 millóns de euros, o proxecto do IES Dionisio Gamallo Fierros contempla, por unha banda, actuacións de reforma, adaptación e mellora de espazos e elementos construtivos no colexio existente; e por outra a ampliación do centro actual por medio da construción dun novo edificio.

Así, realizaranse melloras nas plantas baixa, primeira e segunda do edificio actual, coas que se vai redistribuír as distintas dependencias para cumprir el programa de necesidades do conxunto do centro. Ademais, reformaranse as instalacións, tabiques acabados e carpinterías, para o benestar dos seus usuarios.

Respecto da ampliación, está prevista a construción dun edificio anexo, rectangular de planta baixa e dúas plantas altas. Este espazo poderá albergar seis aulas, dúas aulas de desdobre, catro laboratorios, seis departamentos de profesorado, un comedor coas súas correspondentes dependencias, aseos, almacenes e cuartos de limpeza. Ademais o novo anexo permitirá a ampliación do ximnasio do instituto, e terá garantida a accesibilidade para todo o alumnado a través dun ascensor.

Tal e como destacou o conselleiro de Educación, a ampliación deste instituto supón dar resposta a unha demanda consolidade da comunidade educativa de Ribadeo, o que demostra ademais o compromiso da Consellería coa atención ás necesidades dos centros de ensino da Mariña lucense.