O conselleiro de Educación visita as instalacións do IES Arcebispo Xelmírez I, en Santiago de Compostela

Xesús Vázquez Abad percorreu o edificio acompañado polo director e pola xefa territorial de Educación na Coruña

Ven, 25/02/2011 - 11:02
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, estiv
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, estivo hoxe no IES Arcebispo Xelmírez I, en Santiago

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, estivo hoxe nas instalacións do IES Arcebispo Xelmírez I, en Santiago. Nesta visita estivo acompañado polo director do dentro Manuel López Mejuto e a xefa territorial de Educación, María Teresa Fernández Villaverde.

Durante a súa visita o conselleiro recordou que os 823 alumnos do centro están a desenvolver o “Estudio comparativo do sistema educativo en Galicia (España) e Baviera (Alemaña)”, dentro do Programa de Aprendizaxe Permanente do Comenius Regio, en colaboración coa Axencia Nacional da rexión de Alemaña. Dito traballo, realizado por expertos en educación e profesoras das dúas rexións, esta destinado a estudantes da ESO, e á explicación da organización e administración dos centros escolares. Ademais farase un informe sobre as materias de linguas estranxeiras, ciencias naturais e ciencias sociais e se realizarán novos proxectos relativos ao aprendizaxe fora das aulas e un taller de historia rexional.

Cómpre destacar que a Consellería vén de investir preto de setenta mil euros no centro, para a eliminación de barreiras arquitectónicas, reparación de cuberta e peche lateral do recinto escolar. Ademais o instituto xa ten recibido máis de dez mil euros para a biblioteca, que conta con clubs de lectura, e da que fan uso os 330 estudantes da ESO, 207 de bacharelato, e 39 de ciclos formativos de réxime xeral. Destes estudantes hai 116 alumnos de 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato que estudan nas seccións bilingües que o centro ten en francés. Ademais o instituto conta con ensinanzas para adultos nas que están matriculados 80 alumnas e alumnos en ESO, 143 en bacharelato e 24 en ciclos formativos.

Con esta visita o conselleiro continúa a coñecer de primeira man a situación dos centros educativos de Galicia, así como as súas necesidades e as opinións das respectivas comunidades educativas.