Xesús Váquez recibe ao Grupo Compostela Universidades
Ven, 25/02/2011 - 09:30
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o secretario xeral universidades, José Alberto Díez de Castro, recibiron onte en San Caetano ao Grupo Compostela Universidades. Na xuntanza estiveron o vicerreitor de estudantes e formación continúa da Universidade de Santiago, Francisco Durán; e a asistente á secretaría executiva do Grupo Compostela Universidades, Lucia Castro. Neste encontro tratouse a organización do XV edición do premio internacional Grupo Compostela, para o presente ano.