O conselleiro de Educación e o secretario xeral para o Deporte inauguran do novo complexo deportiva do campus de Ourense

Xesús Vázquez Abad e José Ramón Lete Lasa percorreron o novo espazo multiusos que tivo un custe de máis de 1.700.000 euros

Xov, 24/02/2011 - 17:55
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o s
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, inauguraron esta tarde as novas instalacións deportivas do campus de Ourense

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, inauguraron esta tarde as novas instalacións deportivas do campus de Ourense.

Durante o acto o conselleiro destacou a importancia deste novo espazo do que dixo que “con nestas instalacións dáse resposta á demanda dos ourensáns e en concreto da comunidade educativa do campus de Ourense, da Universidade de Vigo”, ao que engadiu que “non se pode esquecer nunca que é deporte e o reflexo da vida na que o esforzo é o camiño a seguir para conseguir resultados. Isto pódese ver de facto no deporte no que o traballo diario e os sacrificios se traducen en éxitos e vitorias”. Vázquez Abad recordou a importancia destas instalacións nas que “poderanse celebrar campionatos autonómicos dando aínda máis valor a este complexo”.

Cómpre recordar que este novo espazo a Xunta realizou un investimento dun millón de euros. O custe total do complexo multiusos foi de maís de 1.700.000 euros. Unhas instalación cun campo de herba artificial de rugby-fútbol, e unhas pista de atletismo de oito rúas. Neste espazo está incluída unha zona de lanzamento de peso, outra de salto de lonxitude, triple salto e salto con pértiga, así como dúas rectas para as probas de 100 metros. Asemade tamén hoxe tamén se abriron as gradas a vestiarios, estes últimos teñen habilitadas unhas zonas para xogadores e outras para xuíces e árbitros, así como os cuartos de instalacións.

Acordo para homologación da nova pista

Ao longo do acto de inauguración o secretario xeral para o Deporte tamén asinou un convenio coa Universidade de Vigo para que esta poida empregar as instalacións atléticas que a Xunta ten en Monterrei, a menos de cinco minutos de Ourense.

Deste modo a instalación de Monterrei complementará á pista inaugurada hoxe e deste modo o complexo do Campus obtén a homologación, de Tipo 2, precisa para acoller competicións de ámbito autonómico, tal e como marca a normativa da Federación Española de Atletismo.