As Consellerías de Educación de Castela e León e Galicia intercambiaron experiencias sobre FP, formación do profesorado, plurilingüismo e incorporación das TIC ao ensino

Representantes dos departamentos das dúas Comunidades Autónomas reuníronse esta mañá en Valladolid

Mar, 22/02/2011 - 18:29
As Consellerías de Educación  de Castela e León e Galicia
As Consellerías de Educación de Castela e León e Galicia intercambiaron experiencias sobre FP, formación do profesorado, plurilingüismo e incorporación das TIC ao ensino

Representantes da Consejería de Educación de Castela e León e da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia intercambiaron hoxe experiencias sobre as distintas iniciativas emprendidas en materia de impulso da Formación Profesional, formación do profesorado, de plurilingüsimo e de integración das novas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) no ensino.

O director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, José Luís Mira, encabezou a delegación de membros da Consellería, que foron recibidos en Valladolid polo consejero de Educación da Junta de Castela e León, Juan José Mateos, nunha reunión celebrada en Valladolid.

Durante o encontro, os representantes de ambos os dous departamentos autonómicos, a delegación galega tivo a oportunidade de expoñer o éxito das iniciativas de posta en valor da Formación Profesional, que redundaron este curso nun incremento do 9,2% de alumnos matriculados. Ademais, abordáronse programas como Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras ou o Proxecto Abalar, para a integración das TIC no sistema educativo.

Posteriormente, José Luís Mira, e o viceconsejero de Educación Escolar de Castela e León, Fernando Sánchez-Pascuala, presidiron un encontro no que intercambiaron os seus proxectos educativos relacionados coa FP, a ordenación e inspección educativa e aspectos de calidade, innovación e formación do profesorado