Educación asina un convenio coa Universide da Coruña para o desenvolvemento de accións de atención á diversidade
Xesús Vázquez Abad asinou hoxe un acordo co reitor, Jose María Barja, para fomentar e apoiar as actuacións que incidan na posta en valor dos dereitos dos membros da comunidade educativa
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, vén de asinar un convenio co reitor da Universidade da Coruña, José María Barja, a prol do desenvolvemento de acción para a atención á diversidade. No acto tamén estivo presente o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro.
Deste modo a Consellería comprometese a apoiar todas aquelas accións que permitan o cumprimento das medidas en apoio á diversidade que incidan na posta en valor dos dereitos dos membros da comunidade universitario. Pola súa banda a USC comprometese a realizar programas específicos que incidan na atención individualizada a persoas con especiais características e necesidades de apoio e asistencia na progresiva eliminación de barreiras arquitectónicas e de comunicación nos seus centros e instalación.
Do mesmo xeito a través deste documento a USC comprometese a asesorar e formar aos membros da comunidade universidade en todo o relativo a temas sobre a diversidade e a integración, establecendo redes de colaboración entre a universidades, con administración e organismos públicos e privados co obxectivo de favorecer a diversidade no ámbito universitario.
Deste xeito a Consellería continúa a demostrar o seu compromiso cos estudantes de Galicia en todos os niveis educativos, neste caso coas universidades. Cómpre recordar que en vindeiras datas a Consellería asinará un convenio igual coa universidade de Santiago de Compostela e a de Vigo.