Educación suspende o transporte escolar no sur e a montaña de Ourense por mor do risco de neve debido a alerta laranxa anunciada

Educación suspende o transporte escolar no sur e a montaña de Ourense por mor do risco de neve debido a alerta laranxa anunciada

Mér, 16/02/2011 - 16:24

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de comunicar aos centros educativos do sur e a montaña de Ourense a decisión de suspender no día de mañá, 17 de febreiro, o transporte escolar por mor do risco de neve debido a alerta laranxa anunciada para esta zona da comunidade. Deste xeito a Consellería transmite aos centros a recomendación da Comisión de Alertas Meteorolóxicas, que celebrou hoxe unha nova reunión. Cómpre sinalar que os centros educativos estarán abertos con normalidade.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía comunicou hoxe a Xunta de Galicia un adverso climatolóxico por neve en altura superior aos cincocentos metros que comezou as 10 de maña de hoxe e rematará maña o mediodía.

Diante desta situación a  Comisión de Alertas co ánimo de causar o menor prexuízo posible nos centros escolares e garantir a seguridade do alumnado no acceso e saída do centro recomendou a Consellería a suspensión do transporte.

Cómpre sinalar que no día de hoxe a situación climatolóxica adversa, por neve, impediu que asistiran a clase 927 estudantes, sendo 419 da provincia de Lugo e 508 de Ourense. Por mor da alerta laranxa de hoxe a Consellería procedeu onte a cancelar as actividades extraescolares e ao aire libre nos centros educativos.