Educación asina un covenio co Consello Galego de Colexios de Economistas para a realización de actividades formativas

Xesús Vázquez Abad asinou hoxe un acordo a través do cal a Consellería comprométese a colaborar nas labores de difusión das actividades dos cursos

Mar, 28/12/2010 - 19:50

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, vén de asinar un convenio co presidente do Consello Galego de Colexios de Economistas, Roberto Pereira Costa, para a realización de actividades formativas.

Deste modo a Consellería colaborará nas labores de difusión dos cursos que se desenvolveran nas tres universidades galegas. Así a administración volve a demostrar o seu apoio a todas as actividades relativas á educación.

Pola súa banda o Consello Galego de Colexio de Economistas organizará o Curso de Competencias Profesionais que será impartido nas universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. Unhas clases que terán como obxectivo orientar sobre as diferentes competencias profesionais, co obxectivo de que os asistentes rematen as clases cunha mellor formación adecuada á realidade laboral. Todo isto a través de actividades que fagan que os estudantes se acheguen ao mercado de traballo; do mesmo xeito os matriculados poderán coñecer de cerca os campos de actividade profesional do economista, ao tempo que analizan as competencias que precisan para ter máis éxito no seu traballo.