Instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2016/2017

Lun, 09/05/2016 - 09:20

Xúntase a Resolución do 26 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2016/17.

Inscrición para realizar as probas: A inscrición farase na Secretaría da ECRBBCCG, no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación da presente resolución e o día 13 de xuño, ambos os dous incluídos. Para tal fin, o centro deberá expor nos seus taboleiros de anuncios a normativa reguladora de admisión do alumnado.