Cinco centros galegos de formación profesional expoñen os seus proxectos de innovación na feira da enerxía de Galicia

O conselleiro Román Rodríguez visitou esta mañá o stand sobre a FP, onde tamén se pode atopar información relativa á oferta educativa dos ciclos formativos

Sáb, 16/04/2016 - 11:30
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou esta mañá o stand que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa ten na Feira da Enerxía de Galicia
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou esta mañá o stand que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa ten na Feira da Enerxía de Galicia

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou esta mañá o stand que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa ten na Feira da Enerxía de Galicia. Neste espazo están representados cinco centros galegos, que expoñen os proxectos de innovación realizados polo alumando e profesorado, todos eles relacionados coa temática da feira.

En concreto, trátase do CIFP Someso da Coruña, o IES Universidade Laboral de Culleredo, o CIFP Ferrolterra, o CIFP As Mercedes de Lugo e o CIFP A Farixa de Ourense, que se achegaron ata a Feira con alumnos e profesores da familia profesional de Enerxía e auga; excepto o CIFP Someso, que participa coa familia de Edificación e obra civil, pero cun proxecto vinculado ao aforro enerxético. 

Ademais de dar a coñecer as iniciativas de innovación educativa que xorden e se desenvolven nos propios centros, no pavillón de Formación Profesional tamén se pode atopar información relativa á oferta de ciclos formativos.