O conselleiro de Educación destaca a profesionalidade do alumnado da FP galega na entrega dos premios GaliciaSkills 2010

34 alumnas e alumnos foron galardoados nesta primeira edición das Olimpíadas galegas da Formación Profesional

Lun, 13/12/2010 - 18:01
Xesús Vázquez na entrega de premios
Xesús Vázquez na entrega de premios

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, destacou hoxe a profesionalidade do alumnado da Formación Profesional galega no marco da entrega dos premios GaliciaSkills 2010, que se celebrou en Santiago de Compostela, no CIFP Compostela. Ata 34 alumnas e alumnos de ciclos formativos foron galardoados nestas primeiras Olimpíadas da FP de Galicia, co primeiro, segundo e terceiro premio das competicións realizadas para 12 skills, que contaron coa participación de alumnado de 26 centros educativos. O primeiro clasificado de cada skill representará a Comunidade Autónoma de Galicia no Campionato Nacional da Formación Profesional Spain Skills que se celebrará en Madrid no mes de abril de 2011.

Tal e como explicou o conselleiro, os resultados obtidos por estas alumnas e alumnos “son o exemplo do cambio experimentado pola formación profesional nestes últimos anos”, polo que estas primeiras olimpíadas da FP organizadas pola Consellería son un recompensa ao alumnado ao tempo que unha motivación para seguir a mellorar. Vázquez Abad destacou o peso que a FP está a gañar no sistema educativo, “o que se debe, entre outros factores, a que as relacións entre os centros educativos e as empresas do seu contorno se foron intensificando. Na actualidade, as colaboracións existentes van na procura dunha formación profesional de calidade e que responda ás necesidades dos sectores produtivos. Isto queda reflectido no alto grao de inserción laboral destes titulados”.

O conselleiro incidiu ademais na importancia de competicións como estas GaliciaSkills. “Proba disto- dixo- é a presenza de importantes empresas que estiveron patrocinando e avalando cada competición”. Neste sentido, Vázquez Abad agradeceu a colaboración aos titores, expertos, centros educativos e empresas patrocinadoras e alumnado participante, “por teren feito posible esta primeira edición dos Campionatos Galegos de Formación Profesional”.

No acto estiveron ademais presentes o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Jose Luis Mira Lema; a xefa territorial de Educación an provincia da Coruña, Mª Teresa Villaverde; titores, expertos, alumnado participante,e directores dos centros educativos, así como as empresas patrocinadoras. Así mesmo, contou coa colaboración do alumnado e profesorado do IES Imaxe e Son de Coruña que cubriron a gravación de cada unha das 12 competicións e elaboraron a parte audiovisual proxectada na entrega de premios.

Os premiados

Durante o pasado mes de novembro, celebrouse en centros educativos de toda a Comunidade o primeiro Campionato de Formación Profesional de Galicia, Galicia Skills 2010; unha competición coa que se pretende a posta en valor da calidade e do atractivo dos estudos de formación profesional, a motivación do alumnado destas ensinanzas, e o estímulo e recoñecemento do labor do profesorado, así como a potenciación das relacións entre os centros onde se imparten os ciclos formativos e as empresas dos respectivos sectores produtivos.

No acto celebrado hoxe foron premiados os gañadores de cada unha das 12 especialidades ou skills disputadas, que recibiron cadansúa medalla, ademais dun diploma acreditativo para o seu titor ou titora, e un agasallo xentileza das empresas colaboradoras en cada área do campionato.

A relación de premiados por cada especialidade é a seguinte:

 
SKILL
1º PREMIO
2º PREMIO
3º PREMIO
Reparación de carrozarías de vehículos

Iván Picallo Cabalo (IES Ferrolterra, Ferrol)

Manuel Carro Moreira (IES As Mariñas, Betanzos)

Xabier Díaz López (IES As Mercedes, Lugo)

Deseño de páxinas web

Gabriel Morales Rey (IES San Clemente, Santiago de Compostela)

Josué Vázquez Rendo (IES Ramón María Aller Ulloa, Lalín)

 
Ebanistaría
 

Rubén González Nóvoa (CIFP Politécnico de Santiago)

José María Outeda Abilleira (IES A Xunqueira, Pontevedra)

Joel García Galán (IES Politécnico de Lugo)

Carpintaría 

José Antonio Folgueira Carballeira (IES Politécnico de Lugo

Daniel Somoza López (IES A Xunqueira, Pontevedra)

Tomás Suárez Viaño (CIFP de Santiago)

Peiteado

Sonia Villanueva Fernández (IES Frei Martín Sarmiento, Pontevedra)

Miguel Silva Caamaño (IES Teis, Vigo)

Luis Martínez Varela (CIFP Someso, A Coruña)

Coidados de beleza

Andrea Rial Otero (IES Teis, Vigo)

Raquel Rodríguez Seijo (CIFP Someso, A Coruña)

Lorena Diz Estévez (IES Johan Carballeira, Bueu)

Tecnoloxía da moda

Ángela Ouréns Verdes (IES Paseo das Pontes, A Coruña)

Lidia Zas Abeijón (IES Paseo das Pontes, A Coruña)

 

Tecnoloxía do automóbil

Isaac Álvarez Céspedez (IES Ferrolterra, Ferrol)

Iris Porta García (IES As Mariñas, Betanzos)

Jesica López González (IES Pedra da auga, Ponteareas)

Cociña

David Gesto Martínez IES Fraga do Eume, Pontedeume)

José Manuel Lampón Sampedro (CIFP Carlos Oroza, Pontevedra)

María Eugenia Rivera Duro (CIFP Compostela, de Santiago)

Servizo de restaurante e bar

Guillermo González Gómez (IES de Vilamarín)

Antía Muñoz González (IES Manuel Antonio, Vigo)

Elena Naranjo Triñanes (CIFP Carlos Oroza, Pontevedra)

Pintura de vehículos

Alejandro Pico García (IES As Mercedes, Lugo)

Martín Martínez Rodríguez (IES A Sangriña, A Guarda)

Alejandro Iglesias Sánchez (CIFP Politécnico de Santiago)

Soporte de rede

 
 

Ismael Castiñeira Álvarez (IES Isidro Parga Pondal, Carballo)

 

Damián Buceta Suárez (IES San Clemente, Santiago de Compostela)

 

Míchel Vila Pérez (IES Isidro Parga Pondal, Carballo)

 

 

Campionato estatal

Os participantes en cada skill foron avaliados por un xurado composto por profesorado de formación profesional dos ciclos
formativos correspondentes e profesionais recoñecidos do sector.

Os gañadores da medalla de ouro participarán na XXXIII edición das Olimpíadas da Formación Profesional SpainSkills, que se celebrarán en Madrid en abril de 2011. Nesta competición estudantes de distintos ciclos formativos de formación profesional procedentes de centros educativos de todas as Comunidades Autónomas e Ceuta e Melilla medirán as súas destrezas e habilidades en cerca de trinta skills ou profesións. Ademais dos premios nacionais, nesta competición seleccionarase o equipo que representará a España nos campionatos internacionais WorldSkills 2011, que se celebrarán en Londres, e nos europeos EuroSkills, que se disputarán no 2012.

As Olimpíadas da Formación Profesional están promovidas pola organización internacional WorldSkills, cuxo obxectivo é a promoción das competencias profesionais no marco da Formación Profesional a nivel mundial. Na actualidade ten 52 países asociados.

Menús News node R