A Consellería de Educación mostra o seu apoio a iniciativa da ONCE ‘A discapacidade é portada’, recoñecida co premio Guinness

O director xeral de Centros e Recursos Humanos asistiu á presentación do libro ‘A ONCE é portada’

Lun, 13/12/2010 - 12:10

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, representada polo director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, asistiu á presentación do libro “A discapacidade é portada’ presentado hoxe na sede da ONCE en A Coruña.

O concurso

En dita publicación quedan recollidos os traballos gañadores da 26ª edición do concurso escolar da ONCE ‘Superamos barreiras’ na que participaron 225.021 mozas e mozos de toda España, que crearon un total de 61.738 portadas. A alta participación de estudantes de Educación Espacial, Primaria e ESO permitiu á organización ser recoñecidos no libro Guiness.

O obxectivo desta edición foi achegar aos estudantes á realidade das persoas con discapacidade. Ademais, preténdese impulsar ao labor social que realiza la ONCE a prol destas persoas, a través dun conxunto de servizos no campo da educación, a formación e o emprego, o deporte, a cultura e o ocio, a investigación e o desenvolvemento da tecnoloxía, e a accesibilidade, de cara a superar as diferentes barreiras que existen para estas persoas.

Nesta edición, os participantes tiveron que ler cinco relatos breves sobre este labor social escritos por recoñecidos autores da literatura infantil e xuvenil, Care Santos, Jordi Sierra i Fabra, Fernando Marías, Blanca Álvarez e José Ángel Mañas. Tras seleccionar un deles e poñerlle título, os participantes deseñaron unha portada ilustrativa para o libro que hoxe foi presentado.

Durante a súa intervención o director xeral de centros destacou a importancia destas iniciativas, que teñen como obxectivo principal “a loita conxunta na superación de barreiras achegando á sociedade a través dos vosos debuxos á realidade das persoas con discapacidade, xa que “co esforzo de todos- dixo- debemos de intentar acadar a súa superación. Non podemos esquecer a realidade social que nos rodea”.

Deste xeito, o director xeral quixo felicitar aos gañadores desta 26 edición do concurso escolar da ONCE, e aos 225.000 alumnas e alumnos que participaron no certame. Así mesmo, agradeceu á ONCE “este tan importante traballo que realizan día a día, tanto na nosa comunidade como en todo o país, de concienciación e achega de información á sociedade”; a aos docentes “o papel fundamental que están a ter no ensino en valores como o respecto,a igualdade, e a solidariedade”.

Os gañadores galegos

No acto de presentación de hoxe non puideron estar presentes os gañadores nacionais da categoría A correspondente a 3º e 4º de Primaria do centro ferrolán CEIP Belén Coop, que obtiveron o recoñecemento polo seu traballo “Os cinco de catro”. Os cinco integrantes do grupo xunto a súa profesora están a realizar unha viaxe invitados pola ONCE.

Os que si que puideron asistir foron os alumnos do 6º de primaria do CEIP Wenceslao Fernández Flórez da Coruña que resultou gañador autonómico do concurso “Superamos barreiras”.

Na presentación realizada hoxe pola maña estiveron presentes o delegado territorial da ONCE en Galicia, Eugenio Ferradás Moledo; a presidenta do Consello Territorial da ONCE- Galicia, Dolores Venacio Vilaboy, e o capitán do Fútbol Club Deportivo de La Coruña, Juan Carlos Valerón.