A Consellería de Educación rexeita a crítica da CIG Ensino e recorda que o artigo foi adaptado polo propio autor

Unha vez máis, a CIG Ensino tratar de desinformar á sociedade e xerar polémica n comunidade educativa

Xov, 09/12/2010 - 14:34

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria rexeita a acusación formulada desde a CIG Ensino en relación a un artigo sobre multilingüismo publicado na Revista Galega do Ensino que tivo o visto vo do propio autor. A administración recorda que respecta a liberdade de expresión exercida polos medios de comunicación.

Onte o sindicato CIG Ensino volveu mostrar o seu interese por desinformar e intoxicar á sociedade, xa que responsabilizou á Consellería da suposta censura de partes dun escrito publicado en “Eduga. Revista Galega do Ensino”. Educación vese así na obriga de rexeitar dita mentira, asegurar que non interveu na edición de dita artigo e de recordar que defende a liberdade de expresión.

O acontecido

Por outra banda Educación sinala que os responsables de EDUGA teñen documentación que confirma que o propio autor do texto foi o que o adaptou o artigo respecto da súa versión orixinal. Un cambio que se realizou por requirimentos técnicos da revista e que autorización final foi dada polo asinante.

Un texto que, cómpre recordar, foi enviado á revista no mes de novembro do pasado 2008. Desde ese momento a publicación mantívose en contacto co autor co fin de que o seu escrito fora editado, nun espazo que segundo recordan os responsable de EDUGA e “dun marcado carácter técnico” e no que se evitan os “debates políticos”.

Ante a nova mentira da CIG Ensino, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recorda que esta non é a primeira vez que a CIG Ensino desinforma á sociedade co claro obxectivo de intoxicar e xerar malestar entre todos os implicados na docencia a través de mentiras e calumnias contra este goberno. Desde a Administración recórdase que a prioridade e desenvolver un traballo en prol dunha mellora da calidade do sistema educativo galego no que non ten lugar a censura.