Convocadas axudas complementarias ás achegadas pola Unión Europea e o Ministerio no marco do programa comunitario de mobilidade Erasmus +, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2015/2016

Ven, 26/02/2016 - 15:30

Xúntase a Orde do 15 de febreiro de 2016 pola que se aproban as bases e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2015/16.

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.