O conselleiro de Educación asiste á entrega dos 258 certificados oficiais do programa nacional Fides Audit, en Santiago

A participación neste programa facilita ás 38 universidades distinguidas a recepción das orientacións que precisan para o deseño do Sistema de Garantía Interna da Calidade

Mar, 23/11/2010 - 14:19
Na mesa presidencial están situados (de esquerda a dereita) Directora de ANECA,
Na mesa presidencial están situados (de esquerda a dereita) Directora de ANECA, Zulima Fernández Rodríguez ; Secretario Xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad; Presidenta de la ACSUG, Patrocionio Morrondo ; Director de la ACSUG, Eduardo López Pereira; Director de AQU Catalunya, Josep Anton Ferré Vidal

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, fixo esta maña entrega dos 258 certificados oficiais do programa de carácter anual Fides Audit a 38 universidades, nun acto celebrado en Santiago de Compostela, que tamén foi clausurado polo titular de Educación da Xunta de Galicia.

Durante a entrega de certificados Vázquez Abad estivo acompañado polo secretario xeral de Universidades da Consellería, José Alberto Díez de Castro; e pola presidenta e o director da ACSUG, Patrocionio Morrondo e José Eduardo López Pereira, respectivamente. Ademais estiveron a directora da ANECA, Zulima Fernández Rodríguez e o director de AQU Catalunya, Josep Anton Ferré Vidal. Os representantes das universidades correspondentes a cada axencia foron Anna María Geli, reitora da Universitat de Girona; Marcos Sacristán Represa, reitor de Valladolid; e Salustiano Mato de la Iglesia, reitor de Vigo.

O obxectivo do programa

Estes certificados forman parte do programan AUDIT, deseñado o promovido pola Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA); Axencia Para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) e a Agencia per la Qualitat del Sistema Universitari de Catalunya (AQU), co obxectivo de orientar ás universidades no deseño e posta en marcha do Sistema de Garantía Interna da Calidade (SGIC).

O programa naceu en 2007 a través dunha proposta de carácter voluntario para os centros de todas as universidades do Sistema Universitario Español. As universidades, que tras haber participado no Programa AUDIT contan cun deseño de CGIC certificado e ben definido. Así este programa ten como obxectivo a integración de todas as actividades que desenvolven as universidades relativas á garantía de calidade das ensinanzas; e poñer en práctica un procedemento conducente a certificación do SGIC implantado no centro.

Una proba de calidade

Tras a entrega de certificados, e durante o acto de clausura Xesús Vázquez Abad destacou que “a entrega destes certificados é a proba definitiva da excelencia do noso sistema universitario no contexto dos países máis culto e avanzados de Europa”.

O conselleiro de Educación destacou que “o balance que proxecta a entrega destes certificados de calidade proba, ademais, que estamos no bo camiño para facer dos centros universitarios de Galicia, de España e de Europa no seu conxunto, a máis extraordinaria palanca e o motor do progreso que catalizará todos os avances das vindeiras décadas. Estamos ante unha proba magnífica de que o  noso camiño cara a consolidación do Espazo Europeo de Educación Superior é o correcto”.- Así engadiu, “o traballo desenvolvido polas Axencias Autonómicas de Avaliación da Calidade Universitaria é excelente, magnífico en todas as súas proxeccións”.

Antes da entrega de certificados Fides Audit interveu o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro que desenvolveo o relatorio “O papel da Adminsitración no aseguramento da calidade das universidades”.