A Consellería de Educación participa no X Congreso de Emprendemento Universitario da Universidade de Santiago de Compostela

O secretario xeral de Universidades moderou hoxe un debate neste evento, que coincide co II Emporium Woman Emprende

Ven, 19/11/2010 - 14:29

O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, asistiu hoxe –en representación da Consellería de Educación- ao X Congreso de Emprendemento Universitario, que se celebra desde onte no Edificio Emprendia do Campus Vida da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Este evento, que coincide ademais co II Emporium Woman Emprende, ten como obxectivo debater sobre a posta en valor dos resultados de investigación e a súa transferencia mediante a creación de spin-off académicas.

Durante o acto, o secretario xeral de Universidades presentou a rectora de Málaga, Adelaida de la Calle, que é unha das poucas mulleres que ten dito carga académico en España. De la Calle foi a encargada de impartir o relatorio ‘Un nuevo escenario, nuevos compromisos’.

Colaboración e visión de xénero

Con este congreso a USC conmemora 10 anos de fomento do emprendemento universitario, reunindo en Santiago de Compostela aos principais expertos a nivel nacional e internacional na implantación de programas nesta materia.

Deste xeito, os asistentes tiveron a oportunidade de poñer en común as diferentes metodoloxías empregadas nas diferentes culturas emprendedoras, co fin de establecer espazos e redes de colaboración e a creación de redes, que teñen dado lugar a iniciativas de éxito neste eido.

Concidindo co II Emporium Woman Emprende analizouse o proxecto 'Innovatia 8.3', xurdido hai 2 anos na primeira edición deste evento, a prol do emprendemento feminino universitario; e presentouse o catálogo 'Mujer Universitaria Emprendedora'. Para a presentación desta visión de x´nero o encontro contou coa presenza da secretaria de Estado de Igualdad, Bibiana Aído; e da secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Marta González Vázquez.

Da academia á empresa

Doutra banda, neste congreso valoráronse os resultados na investigación, concretamente na transferencia de tecnoloxía da actividade académica á industria, coa colaboración da vicepresidenta de colaboracións científicas da Yissum  Research Development Company - da Hebrew University of Jerusalem-, Elena Canetti; e da análise do modelo de innocación ‘Isis’, experimentado na Universidade de Oxford, pra o que o congreso contou coa presenza de Tom Hockaday, do Isis Innovation Ltd.

O financiamento das spin-offs ocupou tamén parte do programa deste encontro, co relatorio ‘Invertir en proyectos de innovación’, impartido polo director xeral de Genoma España, Rafael Camacho Fumanal; e moderado pola directora do Centro de Estudos Avanzados da USC, María José Rodríguez Galdo; no que se debateu sobre cada unha das diferentes fases de creación de empresas de base tecnolóxica universitaria.

A modo de peche, esta décima edición do congreso situouse diante dos retos do emprendemento no futuro máis próximo, abordando a cultura emprendedora das universidades e as formas de promovela, así como as dificultades e retos para a creación dunha empresa.

O encontro contou con relatores de experiencia no eido do emprendemento universitario, entre os que se atopaban representadas a USC, as Universidades politécnicas de Valencia e Cataluña, e a Xunta de Galicia, ademais de outras entidades relacionadas coa materia.

Menús News node R