O conselleiro de Educación asiste ao acto de recoñecemento ás universidades e institucións promotoras do Campus do Mar

No mesmo encontro tamén estivo presente o secretario xeral de Universidades do Ministerio de Educación, Marius Rubiralta

Ven, 19/11/2010 - 12:25
O conselleiro de Educación, Xesús Vázquez Abad, xunto ao alcalde de Vigo, Abel C
O conselleiro de Educación, Xesús Vázquez Abad, xunto ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, o reitor da UVI, Salustiano Mato e o secretrario xeral de Universidades do Ministerio de Educación, Marious Rubiralta.

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu hoxe pola maña ao acto celebrado en Vigo no que se recoñeceu a labor das universidades e de algunhas institucións como promotoras do proxecto “Campus do mar”. Compre recordar que o pasado 21 de outubro a Consellería de Educación xa celebrou como un éxito de toda Galicia que dito Campus do Mar da Universidade de Vigo fora distinguido coa Excelencia Internacional. Xesús Vázquez agradeceu ao Ministerio, representado na figura do secretario xeral de Universidades do Ministerio de Educación, Marius Rubiralta alí presente, “a súa inequívoca aposta a prol dos campus de excelencia”.

Durante a súa intervención no acto Xesús Vázquez Abad destacou que “o Campus do Mar abre horizontes de cooperación. Este proxecto aporta a savia máis nova e luminosa da sociedade civil, universitaria e empresarial”. Ao tempo que agradeceu o apoio a cidade de Vigo, e o esforzo das institucións, entidades e grupos promotores do Campus ao tempo que valorou a “aberta e a decidida aposta do Goberno autonómico a prol dun proxecto que nos enorgullece a todos e fortalece a nosa confianza no potencial de Galicia para progresar, competir e gañar na sociedade global”.

O conselleiro destacou que “o Campus do Mar xa é unha fonte de optimismo e de confianza no porvir, na capacidade e na propia forza da nosa terra e da cidade de Vigo para saír adiante e vencer ao temporal dos tempos presentes”. Ao que engadiu que “esta e a razón pola que a Xunta de Galicia, mentres noutros ámbitos viuse na obriga de establecer profundos recortes orzamentarios,  mantén, sen embargo, blindados contra vento e marea, o groso dos orzamentos e dos proxectos de investimento previstos para a Universidade. E o fai cun acento e cun espírito innovador que aposta polo avance económico e empresarial, grazas ao unión e na interconexión entre os campus, as empresas e a sociedade”.

Cómpre recordar que a Xunta de Galicia blindou os orzamentos da Universidade galega e nos orzamentos de 2011 a cifra definitiva adxudicada ás universidades elévase a 390 millóns. Non hai que esquecer que a administración galega fai este esforzo excepcional nun ano de crise no que o recorte orzamentario é de preto do 11%.