Listaxes definitivas de admitidos e excluídos das prazas de residencia nos CRD da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2015/2016 (período extraordinario)

Xov, 15/10/2015 - 08:48

Resolución do 14 de outubro de 2015 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva de solicitantes excluídos, indicando a causa de exclusión, as listaxes coas puntuacións definitivas dos admitidos, indicando a puntuación desagregada (rendemento académico e criterios socioeconómicos) e a puntuación total por ode descendente, e a relación de persoas adxudicatarias con indicación do centro docente no que están matriculadas (período extraordinario); así mesmo, a relación de suplentes, de ser o caso, de acordo co previsto no artigo 32 da Orde do 9 de xuño de 2015 pola que se convocan prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2015/16 (DOG 114, do 18 de xuño de 2015).

  • Prazo para interpoñer recurso de alzada: 1 mes (entre os días 16 de outubro e 15 de novembro de 2015), que deberán dirixirse ao respectivo Centro Residencial Docente.