A Consellería de Educación pagará aos auxiliares de Conversa en tempo récord

Con cinco veces máis profesores fará os aboamentos ata dez días antes que o goberno anterior

Ven, 12/11/2010 - 16:37

A Consellería de Educación cursou hoxe a orde de pago aos auxiliares de conversa da única mensualidade que se lles adebeda, co que dito pagamento se fará nun tempo récord.

A Consellería, consciente da situación dos 260 profesores afectados, vén de facer un exercicio de eficiencia ao afrontar o aboamento do seu primeiro salario ata dez días antes dos pagos efectuados polo goberno anterior, que foron realizados o 22 de novembro de 2007 e o 25 do mesmo mes do ano 2008.

Cómpre salientar, ademais, que mentres o goberno actual debe afrontar o pagamento para 260 profesores, en 2007 o número de auxiliares era cinco veces menor.

Polo demais, desde decembro os pagos realizaranse nos cinco primeiros días de mes.