Arredor de 200.000 estudantes de ESO, bacharelato, FP e de ensinanzas de réxime especial comezarán o curso 2015/2016 este martes 15 de setembro

A matriculación mantense en porcentaxes similares, á espera dos datos definitivos

Sáb, 12/09/2015 - 10:56

Algo máis de 200.000 estudantes comezarán este martes as clases, dos que 147.603 o farán na educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato, e ensinanzas de réxime especial (ensinanzas para adultos, artísticas e deportivas), segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura e Educación. Neste sentido cómpre lembrar que as cifras de matriculación, especialmente no caso da FP - cuxa matriculación aínda está en moitos casos en trámite, e que segundo as estimacións rondará os 53.400 alumnos- e, en xeral en todas as ensinanzas de secundaria, non serán definitivas ata dentro dunhas semanas.

ESO

Segundo as estimacións e datos provisionais da Xunta de Galicia, 89.184 alumnos e alumnas comezarán o curso en ESO, o que supón un 0,6% máis ca no curso 2014/2015.

Por tipo de centros e por provincias queda do seguinte modo:

 

Centros públicos

Centros privados concertados

Centros privados non concertados

A Coruña

26.568 alumnos

9.304 alumnos

751 alumnos

Lugo

6.957 alumnos

1.884 alumnos

239 alumnos

Ourense

5.475 alumnos

2.792 alumnos

193 alumnos

Pontevedra

24.001 alumnos

10.334 alumnos

686 alumnos

Total

63.001 alumnos

24.314 alumnos

1.869 alumnos

Nesta etapa educativa o alumnado non nacionalizado español diminuíu un 2,6% respecto do curso anterior.

 

    2014/2015

   2015/2016

A Coruña

1.208 alumnos

1.195 alumnos

Lugo

568 alumnos

589 alumnos

Ourense

396 alumnos

393 alumnos

Pontevedra

1.209 alumnos

 1.117 alumnos

Total

3.381 alumnos

3.294 alumnos

Bacharelato ordinario

Por outra banda os mesmos datos provisionais que manexa a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, indican que 30.722 alumnos e alumnas comezarán o luns as clases de bacharelato ordinario en Galicia, o que supón un 0,2% máis ca no curso 2014/2015.

 

Centros públicos

Centros privados non concertados

A Coruña

10.549 alumnos

2.366 alumnos

Lugo

3.022 alumnos

251 alumnos

Ourense

2.466 alumnos

525 alumnos

Pontevedra

9.963 alumnos

1.580 alumnos

Total

26.000 alumnos

4.722 alumnos

No caso do bacharelato ordinario o número de alumnos e alumnas sen nacionalidade española a diferenza respecto do ano paso é dun 4% estudantes máis:

 

2014/2015

2015/2016

A Coruña

237 alumnos

248 alumnos

Lugo

92 alumnos

68 alumnos

Ourense

55 alumnos

62 alumnos

Pontevedra

219 alumnos

249 alumnos

Total

603 alumnos

627 alumnos

 

Ensinanzas de réxime especial

No que atinxe ás ensinanzas de réxime especial, en concreto no referido ás básicas, de secundaria e bacharelato para adultos e ao bacharelato semipresencial ou a distancia, segundo os datos provisionais o incremento do alumnado, ata os 16.018 estudantes, é do 3,5% respecto do curso 14/15.

A distribución por provincias e ensinanzas no curso 15/16 é a seguinte:

 

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Total

Ensinanzas básicas nivel I

137 alumnos

86 alumnos

38 alumnos

390 alumnos

651 alumnos

Ensinanzas básicas nivel II

204 alumnos

16 alumnos

32 alumnos

186 alumnos

438 alumnos

Ed. Secundaria adultos niveis I e II

2.500 alumnos

582 alumnos

577 alumnos

2.748 alumnos

6.407 alumnos

Bacharelato presencial

1.075 alumnos

184 alumnos

221 alumnos

1.038 alumnos

2.518 alumnos

Bacharelato semipresencial/distancia

3.186 alumnos

474 alumnos

380 alumnos

956 alumnos

4.996 alumnos

Ensinanzas non regradas

65 alumnos

291 alumnos

7 alumnos

645 alumnos

1.008 alumnos

Pola súa banda, o número de estudantes nas ensinanzas artísticas increméntase con carácter xeral, atendendo aos datos, aínda provisionais. Así, o alumnado en ensinanzas regradas de música, segundo as estimacións da Consellería de acadar os 8.807 matriculados, medra nun 1,2%:

 

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Total

Conservatorios de música

3.033 alumnos

1.023 alumnos

907 alumnos

2.748 alumnos

7.711 alumnos

Centros autorizados de música

530 alumnos

179 alumnos

5 alumnos

382 alumnos

1.096 alumnos

No caso das ensinanzas regradas de danza o número de matriculados é de 382, 14 máis ca no curso 13/14; mentres que nas de arte dramática haberá 143 alumnas e alumnos, 6 menos ca no ano académico anterior.

Así mesmo o alumnado matriculado en ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño medra un 2,9% ata chegar aos 1.596 estudantes. Nesta categoría inclúense as ensinanzas superiores de deseño, os ciclos formativos de artes plásticas e deseño e os estudos superiores de conservación e restauración de bens culturais. Pola súa banda, as ensinanzas deportivas os 751 alumnas e alumnos.

Formación Profesional

No caso da Formación Profesional – non incluída nos devanditos 147.603 estudantes- a Consellería está aínda a pechar os datos de matriculación, que serán difundidos en datas próximas. Aínda así, a previsión inicial realizada polo departamento educativo da Xunta de Galicia é que – contando tanto os ciclos formativos en réxime ordinario e modular como a FP a distancia, a FP Dual e a FP Básica- o número de alumnas e alumnos ascenda a preto de 53.400, o que suporía un incremento de máis do 3,4% respecto dos 51.610 finalmente matriculados no curso 14/15.