Xesús Vázquez Abad asiste ao encontro de baloncesto co que se homenaxea á comunidade universitaria do campus de Ourense

O conselleiro de Educación presenciou o partido que enfrontou ao COB Aguas de Sousas co C.B. Tarragona

Mér, 20/10/2010 - 21:00

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu esta tarde ao encontro do Club Ourense Baloncesto (COB) Aguas de Sousas que disputou no pazo dos deportes de Ourense, Paco Paz. Deste xeito o titular de Educación na Xunta demostrou o seu apoio ao deporte a través do baloncesto.

O partido, no que se enfrontaron ao C.B. Tarragona, foi unha homenaxe a la comunidade universitaria do campus de Ourense, dependente da Universidade de Vigo. Un acto organizado en recoñecemento ao peso que ten a institución, tanto na vida da cidade de Ourense, como no resto da provincia.

Xunto ao conselleiro presenciou o encontro a vicerreitora da UVigo, María Lameiras; o responsable de deportes, Rodrigo Alberte Pivida; e a decana da facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, María Elisa Alén; todos eles do campus de Ourense. Asemade tamén estiveron presentes a concelleira de Educación de Ourense, Ana Garrido; o responsable de deportes da Xunta na provincia, Mario Guede Fernández; e o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán. Xunto a todos estes tamén estaban invitados os traballadores do campus.

O conxunto ourensán está a xogar na liga Adecco Oro ao igual que o Obradoiro. Dirixido por Paco García, o COB Aguas de Sousas e é o único equipo da Comunidade Autónoma nesta categoría que conta con cinco xogadores de orixe galego, tres dos cales da provincia de Ourense.