A rede de centros plurilingües da Consellería de Cultura e Educación acada os 256 centros educativos autorizados coa incorporación no curso 15/16 dun total de 36 novos colexios
O departamento educativo da Xunta de Galicia vén de publicar a resolución provisional, pola que ademais 4 centros xa plurilingües que tiñan este modelo educativo en Primaria pasan a incorporalo á etapa de ESO
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incorporará no curso 2015/2016 un total de 36 novos centros á Rede de Plurilingües, ata sumar un total de 256. Ademais, outros 4 centros que tiñan este modelo educativo (combinando galego, castelán e unha lingua estranxeira, ata chegar cada unha delas a un terzo do horario lectivo) en Primaria pasan a incorporalo á etapa de ESO. Trátase do CPR Plurilingüe Montegrande (Coruña), do CPR Plurilingüe María Auxiliadora (Ourense), do CPR Plurilingüe Escuelas Nieto (Vigo) e do CPR Plurilingüe Barreiro (Vigo).
A maiores dos catro mencionados, e segundo os datos provisionais de admitidos, dos centros de nova incorporación 17 son da provincia da Coruña, 4 de Lugo, 1 de Ourense e 14 de Pontevedra.
Provincia da Coruña:
|
CPR Nosa Señora del Carmen |
Betanzos |
|
CPR Santa María del Mar |
A Coruña |
|
CPR Fogar de Santa Margarida |
A Coruña |
|
CPR Jorge Juan |
Fene |
|
CPR Compañía de María |
Ferrol |
|
CPR Valle Inclán I |
Ferrol |
|
CPI Cabo da Area |
Laxe |
|
CPI Virxe da Cela |
Monfero |
|
CPR Galaxia |
Ribeira |
|
CPR Bayón |
Ribeira |
|
CPR Juventud |
Santiago |
|
CPR Vilas Alborada |
Santiago |
|
CEIP Xacinto Ambio Lera |
Val do Dubra |
|
CEIP O Ramo |
Fene |
|
CEIP Virxe do Mar |
Narón |
|
IES Pedra da Aguia |
Camariñas |
|
CEIP O Graxal |
Cambre |
Provincia de Lugo:
|
CPR Cervantes |
Lugo |
|
CEIP San Miguel |
Paradela |
|
CEIP Virxe do Carme |
Sober |
|
CEIP de Monterroso |
Monterroso |
Provincia de Ourense:
|
CEIP Curros Enríquez |
Celanova |
Provincia de Pontevedra:
|
CPR Virxe Milagrosa |
Bueu |
|
CPR San Fermín |
Caldas de Reis |
|
CEIP Castrelo |
Cambados |
|
CPR Padres Somascos |
A Guarda |
|
CEIP Domaio |
Moaña |
|
CEIP San Benito de Lérez |
Pontevedra |
|
CEIP A Florida |
Sanxenxo |
|
CEIP Ramón y Cajal |
Vigo |
|
CPR Niño Jesús de Praga |
Vigo |
|
CPR Possumus |
Vigo |
|
CEIP de Meaño-As Covas |
Meaño |
|
CEIP da Espiñeira-Aldán |
Cangas |
|
CEP Xosé Ferrol Couselo |
Valga |
|
IES Terra de Turonio |
Gondomar |
Seccións bilingües
Ademais, a Consellería de Cultura e Educación vén de publicar a resolución provisional pola que se aproban 317 novas seccións bilingües para o curso 2015/2016, ata chegar a un total de 3.540 en toda Galicia. Por provincias, haberá 138 novas seccións nos centros educativos da provincia da Coruña, 34 nos da de Lugo, 44 nos da de Ourense e 150 nos da de Pontevedra.