Resolución definitiva do concurso de méritos específico para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería (2015)

Xov, 25/06/2015 - 08:45

Xúntase a Orde do 12 de xuño de 2015 pola que se resolve o concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.