Legalización de documentos académicos oficiais
A legalización de documentos que deben surtir efectos noutros estados é un proceso suxeito a convenios de carácter internacional. No caso de documentos acreditativos de estudos cursados en España, consta de dúas fases:
-
Recoñecemento de sinaturas pola autoridade competente
-
Posteriormente, legalización propiamente dita polo Ministerio correspondente.
Órganos competentes en cada fase
- Órganos competentes para o recoñecemento de sinaturas :
- Títulos, diplomas e certificados correspondentes a estudos derivados da Lei Orgánica 1/1990, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo (LOXSE) e da Lei Orgánica 2/2006, de Educación (LOE), realizados en Galicia. O recoñecemento realízao a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
- Certificacións oficiais de estudos e Libros de Escolaridade, expedidos polos centros docentes situados en Galicia. Este recoñecemento realizarase pola Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación universitaria da provincia na que estea ubicado o centro educativo.
- Títulos, diplomas e certificados correspondentes ás ensinanzas derivadas da Lei Xeral de Educación de 1970 ou de sistemas anteriores a esta, expedidos polo Ministerio de Educación, corresponden ao propio Ministerio.
- O recoñecemento de documentos que non teñan carácter oficial (documentos privados) realízase mediante procedemento notarial.
- Órganos competentes para a legalización:
Hai que distinguir dous supostos:
-
-
Ministerio de Xustiza, para documentos con destino a países signatarios do Convenio da Haya, de 5 de outubro do 1961.
-
Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación para documentos con destino a países NON signatarios do Convenio de la Haya.
-
Requisitos dos documentos
-
Teñen que ser oficiais, e con validez en todo o territorio nacional
-
Teñen que ser orixinais
-
Non se recoñecen rúbricas asinadas por orde, ausencia ou autorización.
Forma de presentación
-
Presencial: O recoñecemento da sinatura realizarase en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres. Contacte coas unidades xestoras (documento adxunto) para confirmar a dispoñibilidade, así como para consultar os requisitos específicos en cada caso.
-
Por correo: pódese enviar a documentación académica por correo ordinario ou certificado, xunto cunha solicitude cos datos do solicitante, país no que surtirá efectos a documentación e enderezo postal ao que desexa que sexan devoltos os documentos unha vez recoñecida a sinatura.
Para máis información consulte os documentos adxuntos ou póñase en contacto coa Sección de Títulos do Servizo de Centros a través do enderezo electrónico titulosnu@edu.xunta.es.