A Xunta aproba o decreto polo que se ofertan 446 prazas para as oposicións a mestres e inspectores no ano 2015
A oferta de emprego público convocada pola Conselle ría de Cultura e Educación cobre todas as especialidades de mestres, agás a de francés
O número de prazas esgota o 50% da taxa de reposición permitido polo Goberno central
O Consello da Xunta ratificou hoxe, de xeito definitivo, o Decreto polo que se aproba a oferta de 446 prazas para as oposicións a mestres e inspectores que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca neste ano 2015. Trátase de 432 prazas para todas as especialidades do corpo de mestres, agás de francés; e outras 14 prazas para o corpo de inspectores de Educación. No caso do acceso ao corpo de inspectores de educación, realizarase mediante concurso-oposición entre funcionarios de carreira dalgún dos corpos que integran a función pública docente.
Esta oferta de emprego público de prazas de persoal funcionario do corpo de docentes foi elevada á mesa sectorial de Educación celebrada hai unhas semanas. Deste xeito o departamento educativo da Xunta de Galicia esgota o 50% da taxa de reposición permitido polo Goberno central. Cómpre salientar que o ano pasado esta taxa estaba estipulada no 10% e que, á petición do Goberno galego, o Goberno do Estado incrementouna ata o 50%.
A distribución de prazas será a seguinte: