O conselleiro de Educación inaugura as xornadas ‘A dimensión educativa dos xogos populares e tradicionais de Galicia’, no MUPEGA

O Museo Pedagóxico de Galicia acollerá durante dúas fins de semana a 55 docentes do eido da educación física

Ven, 17/09/2010 - 18:53
Inauguración das xornadas
Inauguración das xornadas

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou hoxe as xornadas de formación ‘A dimensión educativa dos xogos populares e tradicionais de Galicia, que reúnen no Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega) durante dúas fins de semana a arredor de 55 docentes, fundamentalmente do eido da educación física.

Durante a súa intervención, Vázquez Abad destacou o labor feito polo Mupega desde o momento da súa creación - no ano 2000 - no proceso de formación do profesorado, e a prol da recuperación do tan rico e importante patrimonio lúdico galego. Así, explicou o valor das xornadas hoxe inauguradas, xa que "este rico tesouro que nos foi transmitido de xeración en xeración debe incorporarse ao ámbito educativo a través de diversas estratexias didácticas que de seguro lles han de resultar amenas, atractivas e axeitadas para continuar nos seus centros colaborando,
espallando e poñendo en valor esta cultura ancestral".

Ademais, no acto tamén se clausurou a exposición temporal 'Xogos e xoguetes en Galicia: tradición e modernidade', que permanecía no museo desde o pasado mes de decembro e que, tale  como explicou o conselleiro "foi moi visitada e entrañablemente disfrutada tanto pola xente nova coma polos grupos de maiores que ata aquí se achegaron nestes meses". Deste xeito, concluíu, "o Mupega ten feito unha aposta firme e decidida polo xogo e xoguete, outra das facianas fundamentais da infancia". No acto inaugural, o conselleiro estivo acompañado do secretario xeral, Jesús Oitavén Barcala.

Menús News node R