Vázquez Abad asiste á estrea do documental ‘A busca da mirada. 25 anos de cine galego’

Mér, 28/01/2015 - 20:08
Vázquez Abad asiste á estrea do documental ‘A busca da mirada. 25 anos de cine g
Vázquez Abad asiste á estrea do documental ‘A busca da mirada. 25 anos de cine galego’

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu hoxe á estrea do documental  ‘A busca da mirada. 25 anos despois’, froito da colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Televisión de Galicia (TVG) e a Academia Galega do Audiovisual (AGA) como parte das accións promovidas conxuntamente para conmemorar o vixésimo aniversario do cinema galego, efeméride que se vén celebrando desde finais do pasado ano 2014, cando se cumpriu o vixésimo quinto aniversario da estrea comercial das tres primeiras longametraxes galegas de ficción: ‘Continental’, ‘Urxa’ e ‘Sempre Xonxa’.

Dirixido por Teo Manuel Abad, ‘A busca da mirada. 25 anos despois’ está realizado pola AGA, co apoio de TVG e da Consellería a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), co obxectivo de ofrecer unha visión da creación cinematográfica galega desde os seus comezos ata hoxe.

Na estrea, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, o conselleiro estivo acompañado da directora da Televisión de Galicia, Rosa Vilas; do director da AGA, Antonio Mourelos; do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e do director da Agadic, Jacobo Sutil.

Menús News node R

Tema