Cultura e Educación apoia o emprendemento creativo e sostible no Gaiás a través de ‘Latitude’, proxecto pioneiro na moda galega

Con sede na Cidade da Cultura, Latitude é unha iniciativa que aposta por impulsar o téxtil galego cun modelo basado na economía social e na roupa sostible

O colectivo dáse a coñecer este xoves e venres no Museo Centro Gaiás coa instalación ‘The balance of fabric’, unha experiencia interactiva na que se reflexiona sobre a moda actual

Mér, 21/01/2015 - 15:44

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación segue a mostrar o seu apoio ao emprendemento creativo, desta vez no sector da moda. Latitude, unha empresa pioneira no mundo da moda galega, establécese no Gaiás co obxectivo de contrubír desde alí á reindustrialización do sector téxtil a través do valor engadido da sustentabilidade.

Con esta iniciativa, a Cidade da Cultura avanza nun dos seus obxectivos clave: o apoio ao emprendemento e ás industrias creativas, que xa centra un dos edificios do complexo, o Centro de Emprendemento. Latitude súmase, así, aos 80 proxectos culturais, creativos e tecnolóxicos que teñen a súa sede no Gaiás, onde reciben apoio e asesoramento para converterse en empresas sólidas.

Desde o Museo Centro Gaiás, Latitude. Contemporany Fashion Makers quere axudar ás empresas téxtiles a relocalizar as súas producións en Europa, contribuíndo á reindustrialización do sector, apostando pola economía social e unha produción sostible. Para iso, Latitude busca revitalizar un sector estratéxico e de gran tradición para Galicia como é o téxtil, poñendo a disposición das marcas unha rede de talleres situados na nosa comunidade que reúnen experiencia e saber facer, con máximos estándares de calidade. Produción en proximidade, que supón para as marcas aforro de tempos, custos de loxística e aranceis e facer realidade as estratexias formuladas desde a RSC, apoiando a creación de emprego e unhas condicións laborais xustas.

Presentación este xoves e venres

‘Latitude darase a coñecer este xoves e venres a través da instalación The Balance of Fabric, coa que queren convidar á cidadanía a reflexionar sobre a sustentabilidade e o futuro da moda. Creada polo colectivo catalán Domestic Data Streamers, que utiliza novas linguaxes contemporáneas para axudarnos a entender mellor o mundo quen os rodea, The Balance of Fabric é unha chamativa instalación que aunará arte e estatísticas, divulgación e reflexión, razón e emoción.

A instalación estará aberta ao público o xoves 22, de 17 a 21 horas; e o venres 23, de 12 a 14 e de 17 a 21 horas no Museo Centro Gaiás.

Menús News node R

Tema