Convocatoria da Consellería de Educación pola que se aproban as bases para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros de titularidade da Consellería de Educación, para desenvolver no curso académico 2010/2011

Lun, 13/09/2010 - 12:43

A convocatoria da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria pola que se aproban as bases para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, para desenvolver no curso académico 2010/2011, dispón, no artigo 8, que a “resolución publicarase na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística http://www.xunta.es/linguagalega/ e no portal educativo http://www.edu.xunta.es no prazo máximo de tres meses, contados desde a publicación desta convocatoria; de non facerse así, os solicitantes deberán entender desestimadas as súas solicitudes”.

Unha vez recibidos todos os proxectos de innovación en dinamización lingüística, e tendo en conta a necesidade de examinar o gran volume de documentación presentada, a proposta elevada para tal efecto pola Comisión de selección destes premios, de conformidade co establecido no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo para a publicación da resolución de premios a proxectos de innovación en dinamización lingüística en corenta e cinco días naturais.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe ningún recurso, de acordo co disposto no artigo 49.3 da Lei 30/1992. Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2010.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria