Máis de 164.000 alumnos e alumnas comezarán os curso de educación secundaria, bacharelato, FP e outras ensinanzas o vindeiro venres

Nos centros galegos de educación secundaria obrigatoria hai matriculados 86.545 rapaces, mentres que no bacharelato ordinario están 31.446 alumnos e alumnas

Lun, 13/09/2010 - 09:13

O venres 17 de setembro darán comezo as clases en educación secundaria para 86.545 alumnos. Ese mesmo venres chegarán as aulas os 31.446 alumnos e alumnas do bacharelato. A eles súmanse 31.639 de ciclos ordinarios e 3.300 de programas de cualificación profesional inicial (PCPI) e programas de garantía social (PGS). En educación especial 1.283 estudantes comezan as clases do novo curso, nas ensinanzas artísticas serán 10.154 e 443 en ensinanzas deportivas.

Estes datos non comprenden aínda ao alumnado das Escolas Oficiais de Idiomas, xa que nelas o prazo extraordinario de matrícula está aínda aberto.

Educación Secundaria

Un total de 86.545 alumnos empezarán o curso en centros galegos que imparten Educación Secundaria Obrigatoria en toda Galicia. 45.675 cursarán estudos de primeiro ciclo (1º e 2º da ESO), mentres que 40.870 estudarán 3º º 4º da ESO (segundo ciclo).

Por provincias, A Coruña conta con 34.813 alumnos matriculados na ESO, Lugo con 9.395, Ourense con 9.186 e Pontevedra con 33.151.

A distribución provincial segundo a titularidade dos centros é a seguinte:

 
 Centros públicos
 Centros privados non concertados
 Centros privados concertados
A Coruña
 24.551 alumnos
 967 alumnos
 9.295 alumnos
Lugo
 7.212 alumnos
 236 alumnos
 1.947 alumnos
Ourense
 5.678 alumnos
 287 alumnos
 3. 221alumnos
Pontevedra
 22.107 alumnos
 861 alumnos
 10.183 alumnos
Total
 59.548 alumnos
 2.351 alumnos
 24.646 alumnos                      

Por centros públicos, privados con concerto e sen el as diferencias respecto do curso pasado quedan do seguinte modo:

 
   2009/2010
  2010/2011

Centros públicos

 61.753 alumnos
59.548 alumnos

Centros privados non concertados

    2.220 alumnos
 2.351 alumnos

Centros privados concertados

  25.290 alumnos
24.646 alumnos
Total

 89.263 alumnos

86.545 alumnos

Nesta etapa educativa destaca un aumento do alumnado non nacionalizado español, que chega os 4.444, o que supón 254 alumnos máis que no curso 2009/2010.

 
2009/2010
2010/2011
A Coruña
1.591alumnos
1.756 alumnos
Lugo
595 alumnos
551 alumnos
Ourense
468 alumnos
397 alumnos
Pontevedra
1.536 alumnos
1.740 alumnos
Total
4.190 alumnos
4.444 alumnos

No curso 1999/2000 había matriculados 737 alumnos e alumnas non nacionalizados españois. Dende o 2005/ 2006 continuou un crecemento progresivo pasando de 2.171, a 3.038, 3.360, 3.857 e os 4.444 do presente curso.

Bacharelato ordinario

O día 17 tamén comezarán o curso os alumnos do bacharelato ordinario. En total 31.446 estudantes están matriculados no curso 2010-2011, en ensinanzas postobrigatorias en toda Galicia. Deles, 13.063 están matriculados na provincia de A Coruña, 3.747 en Lugo, 3.350 na provincia de Ourense e 11.286 en centros de Pontevedra.

Destes mesmos, en A Coruña son 7.028 alumnos os matriculados no primeiro curso do bacharelato, 1.951 en Lugo, 1.820 en Ourense e 6.032 en Pontevedra. Así, suman 16.831 alumnos. No segundo curso, son 6.035 os matriculados en centros coruñeses, 1.796 en Lugo, 1.530 en Ourense e 5.254 en Pontevedra; facendo un total de 14.615 alumnos.

Por distribución provincial segundo a titularidade dos centros, a táboa é a seguinte:

 
Centros públicos
Centros privados
A Coruña
10.391 alumnos
2.672 alumnos
Lugo
3.444 alumnos
303 alumnos
Ourense
2.668 alumnos
682 alumnos
Pontevedra
9.519 alumnos
1.767 alumnos
Total
26.022 alumnos
5.424 alumnos

Por rama do bacharelato, os datos do alumnado matriculado en Galicia, son os seguintes:

Artes
Ciencias da Natureza e da saúde
Tecnoloxía
Humanidades e Ciencias Sociais
Total
1067
16.079 alumnos
*
14.300 alumnos
31.446 alumnos

* No curso 2009-2010 esta modalidade de bacharelato só inclúe alumnos de segundo curso.

Ciclos Formativos Ordinarios

Un total de 31.639 alumnos están matriculados en ciclos formativos ordinarios en toda Galicia, unha cifra provisional, xa que aínda non inclúe a matrícula de setembro, que daría lugar a un incremento do número de alumnos. Desta cifra provisional de alumnas e alumnos de ciclos de FP, 25.641 corresponden a centros públicos, 2.436 a centros privados ciclos non concertados, e 3.742 a ciclos privados concertados.

 
Centros públicos
Centros privados ciclos non concertados
Centros privados ciclos concertados
A Coruña
11.565 alumnos
1.146 alumnos
1.095 alumnos
Lugo
3.231 alumnos
187 alumnos
17 alumnos
Ourense
2.184 alumnos
205 alumnos
314 alumnos
Pontevedra
8.481   alumnos
898 alumnos
2.316 alumnos
Total
25.461 alumnos
2.436 alumnos
3.742 alumnos

 

Destas cifras, 16.072 alumnos e alumnas corresponden a ciclos formativos de grao medio, e 15.567 a ciclos de grao superior. En ciclos formativos o alumnado non nacionalizado español tamén aumentou respecto curso 2009/2010.

 
2009/2010
2010/2011
A Coruña
319 alumnos
299 alumnos
Lugo
73 alumnos
73 alumnos
Ourense
84 alumnos
83 alumnos
Pontevedra
260 alumnos
295 alumnos
Total
736 alumnos
750 alumnos

 

Programas de Cualificación Profesional Inicial e de Garantía Social

As estimacións de alumnos matriculados para o vindeiro curso nos PCPI e PGS son dun total de 3.300, 2.913 en centros públicos, 104 en centros privados non concertados e 283 en centros privados concertados. Isto supón un incremento de 767 alumnos con respecto ao curso 2009-2010.

Educación Especial

Un total de 1.283 alumnos empezarán o curso en centros públicos de ensinanza Especial en toda Galicia. Deles, 445 están matriculados en centros coruñeses, 56 na provincia de Lugo, 67 en Ourense e 209 en centros pontevedreses.

Ensinanzas musicais

Para o vindeiro curso 2010-2011 as estimacións de alumnado para as ensinanzas musicais son de 8.192 matriculados, dos que 3.119 corresponden a A Coruña, 1.221 a Lugo, 919 a Ourense e 2.933 a Pontevedra.

En base a se os alumnos estudan en conservatorios de música ou en centros autorizados, a táboa sería a seguinte:

 
Conservatorios de música
Centros autorizados de música
A Coruña
2.671
448
Lugo
1.058
163
Ourense
912
7
Pontevedra
2.484
449
Total Galicia
7.125
1.067

 

Ensinanzas regradas de danza

En total son 315 os matriculados para o vindeiro curso 2010-2011, dos que 139 pertencen a A Coruña, 161 a Lugo, e 15 a Pontevedra.

Ensinanzas de Arte Dramático

No vindeiro curso serán 127 os alumnos en ensinanzas de arte dramática en toda Galicia, o que supón un incremento de 9 matriculados con respecto ao curso pasado.

Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño

Para o vindeiro curso, os matriculados nestas ensinanzas serán un total 772 en Galicia, 124 en grao medio e 648 en grao superior. Deles, 324 pertencen a centros coruñeses, 97 a Lugo, 201 a Ourense e 150 a Pontevedra.

Ensinanzas Artísticas Superiores

Nesta modalidade os matriculados son 748 alumnos en ensinanzas dos cales 672 corresponden a estudos de deseño e 76 a conservación e restauración de bens culturais.

Ensinanzas deportivas

En Galicia hai un total de 443 alumnos matriculados neste tipo de ensinanzas, dos que 147 pertencen a A Coruña , 33 a Lugo, 35 a Ourense e 228 a Pontevedra.
Deles, 409 son alumnos de grao medio e 34 de grao superior.