Cultura e Educación participa na xuntanza de traballo do proxecto europeo Molvet 2020, que afonda nas pedagoxías dixitais
Mér, 10/12/2014 - 11:08
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, participa nas xuntanzas de traballo do proxecto Molvet 2020, unha iniciativa europea para afondar sobre as pedagoxías dixitais. Á apertura do encontro, que ten lugar entre hoxe e mañá en Santiago, asistiu esta mañá o director xeral de Educación, FP e Innovación, Manuel Corredoira.
As xornadas teñen como finalidade que os países socios do proxecto intercambien experiencias sobre a aprendizaxe e as pedagoxías dixitais, así como debater e chegar a acordos nas metodoloxías a aplicar e nos instrumentos de apoio.