O conselleiro de Cultura e Educación comprométese co Concello de Marín a concluír as obras no xacemento de Mogor antes de fin de ano

A Xunta de Galicia leva investido preto de 280.000 euros na xestión integral do patrimonio cultural que supoñen os Petróglifos de Mogor durante os últimos cinco anos

Mér, 26/11/2014 - 19:50
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Ab
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, coa alcaldesa de Marín

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, comprometeuse coa alcaldesa de Marín, María Ramallo a entregar antes de final de ano as obras que a Xunta de Galicia vén realizando no Centro acollida de visitantes no xacemento arqueolóxico dos Petróglifos de Mogor.

Os traballos correspóndense coa execución do proxecto museográfico e o acondicionamento das pasarelas e completan as actuacións previstas para que, a principios de 2015, o devandito centro museal se poda abrir ao público e difundir o legado que supón estes extraordinarios conxuntos de gravados rupestres.

O investimento realizado pola Consellería, a través da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, durante o último quinquenio nesta sobranceira estación rupestre é de 279.174 euros. As actuacións incluíron, desde as primeiras sondaxes até o proxecto museográfico, todos os procesos necesarios para a xestión, conservación e posta en valor dos Petróglifos.