A Consellería de Cultura e Educación amplía preto dun 47% as axudas para que o alumnado que se vexa afectado por causas imprevistas poidan continuar os seus estudos universitarios

O Diario Oficial de Galicia acaba de publicar a ampliación do crédito destinado a estas bolsas, que teñen por obxectivo facilitar o acceso en igualdade de condicións aos estudos superiores

Esta modificación non afecta ao prazo establecido na orde inicial para a presentación de solicitudes

Sáb, 04/10/2014 - 11:00
A Consellería de Cultura e Educación amplía preto dun 47% as axudas para que o a
A Consellería de Cultura e Educación amplía preto dun 47% as axudas para que o alumnado que se vexa afectado por causas imprevistas poidan continuar os seus estudos universitarios

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a ampliación da  convocatoria de Axudas destinadas  ao alumnado que cursou estudos, durante o 2013-2014, no Sistema Universitario de Galicia e que por causa sobrevida ou imprevista, tivo dificultades económicas para continuar. As axudas medran en 42.500 euros, que se suman aos 91.000 euros destinados inicialmente.

O obxectivo é cubrir a necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada de causas tales como orfandade absoluta, falecemento pai/nai/titor legal, desemprego do sustentador principal, enfermidade grave, violencia doméstica, vítimas de actos terroristas, separación, divorcio, ruína ou quebra familiar e outras circunstancias non recollidas que sendo xustificadas repercutan na situación socioeconómica familiar. O pasado curso beneficiáronse desta axuda 31 estudantes universitarios.

Esta modificación non afecta ao prazo establecido na orde inicial para a presentación de solicitudes. A dotación económica asignada a cada beneficiario oscilará entre unha contía mínima de 1.250 euros e unha máxima de 2.500 euros, en función dos limiares de renda per cápita indicados na convocatoria.

Para acceder a estas axudas a situación sobrevida ou imprevista tivo que acontecer durante o curso académico 2013/2014; e os solicitantes - que non podían ter percibido esta bolsa con anterioridade- deberían estar matriculados nese ano académico, como mínimo en 50 créditos, en estudos universitarios presenciais conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico, ou arquitecto técnico, en calquera das universidades do Sistema Universitario de Galicia. Ademais, a renda per cápita da unidade familiar non podía ser superior ao importe anual da pensión non contributiva para o ano 2014 é dicir 5.122,60 euros por persoa, tal e como se indica na convocatoria.

Menús News node R

Colectivo

Tema

Ensinanza