A Consellería de Cultura e educación asina un convenio de colaboración co BBVA para o desenvolvemento do proxecto de educación financeira de mozos e adultos

Ambas entidades coinciden en salientar a necesidade de fomentar a formación inversionista nas aulas, e para os adultos, mediante obradoiros específicos

Mér, 01/10/2014 - 12:31
Xesús Vázquez Abad e Juan Carlos Hidalgo Guzmán, diretor da Territorial Noroeste
Xesús Vázquez Abad e Juan Carlos Hidalgo Guzmán na subscrición do convenio

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad e Juan Carlos Hidalgo Guzmán, diretor da Territorial Noroeste do BBVA, veñen de subscribir un convenio para a colaboración no desenvolvemento do proxecto de formación financeira destinados a mozos e adultos neste curso escolar. O acordo contempla a posibilidade de prorrogarse se así o deciden as partes signatarias.

A consellería de Cultura e Educación comprometeuse a organizar e cumprir os requisitos deste acordo para garantir o seu bo funcionamento. Neste senso, colaborou para a elección das escolas onde se impartirá o proxecto e aos formadores voluntarios. Ao tempo poñerá a dispor do mesmo as dependencias, ferramentas, e medios técnicos e humanos, cando sexa necesario.En calquera caso a firma deste convenio non supón incremento, nin gasto, nin imputación directa ou indirecta de ningunha partida orzamentaria correspondente a esta administración.

A día de hoxe un total de nove centros galegos, os IES Plurilingüe Eusebio da Guarda da Coruña; o de Foz; o Luís Seoane de Pontevedra, ademais do Armando Cotarelo Valledor de Vilagarcía de Arousa; o Blanco Amor de Ourense; e o Isaac Díaz Pardo de Sada, ademais dos CPR Montespiño de Culleredo e o Don Bosco de Vigo, acolleranse a este convenio, no que por parte da entidade bancaria hai inscritos un total de 51 empregados que realizarán  as sesións de formación de xeito voluntario.

Pola súa parte, o BBVA é o promotor deste programa de Educación Financeira a nivel nacional cuxo obxectivo é axudar aos cidadáns a tomar conciencia do uso dos cartos e contribuír á mellorar a súa cultura financeira. Con esta inciativa a entidade bancaria subscribe o seu plan estratéxico de Responsabilidade e Reputación Corporativas.

Seis obradoiros sobre o mundo das finanzas

O obxectivo deste proxecto, seguindo as recomendacións e directrices marcadas pola Comisión Europea e a Organización  para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE), ten o interese de achegar a educación financeira ás aulas e tamén aos adultos mediante obradoiros específicos para nais e pais da AMPAS e profesores dos centros educativos.

Os talleres concibidos como un prantexamento teórico e práctico, baseanse no material pedagóxico deseñado polo Instituto de Estudos Financeiros e divídese en seis áreas temáticas, as cinco primeiras dirixidas ao alumnado de cuarto da ESO e a última aos adultos.

O BBVA xa impulsou en 2009 o programa Valores de futuro, onde abordara temas relacionados co uso responsable dos cartos, no marco de educar aos alumnos de primeiro, segundo e terceiro da ESO e promovera valores como o esforzo, a solidariedade e o aforro, entre outros. Agora fomenta o proxecto ‘Educación Financeira para Xoves e Adultos’, dirixido a colectivos adultos vinculados aos centros escolares (AMPA’S), profesores e alumnos de cuarto da ESO.