O curso comeza con total normalidade nas catro provincias galegas para máis de 200.000 estudantes de ESO, Bacharelato, FP e de ensinanzas de réxime especial

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria non rexistrou ningunha incidencia nos centros educativos

Lun, 15/09/2014 - 14:15
A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, nunha visita ao Ce
A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, nunha visita ao Centro Público Integrado (CPI) Castro de Baxoi, no municipio de Miño

Máis de 200.000 estudantes de educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato, formación profesional e ensinanzas de réxime especial (ensinanzas para adultos, artísticas e deportivas) comezaron hoxe as clases con total normalidade nas 4 provincias galegas, segundo os datos recompilados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Cómpre lembrar que en casos como a FP aínda é posible inscribirse en algúns ciclos, polo que a matriculación aínda se pode incrementar nos vindeiros días con novas incorporacións aos centros.

Co inicio de clases de hoxe péchase o calendario de apertura dos centros educativos do curso 2014/2015 que arrincou tamén en infantil, primaria e infantil practicamente sen ningunha incidencia, o que é necesario agradecer á profesionalidade dos docentes e membros da comunidade escolar implicados na posta en marcha dos centros educativos.

Declaracións do director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, sobre o inicio de curso