A Consellería de Cultura e Educación concede os premios fin de carreira a 58 estudantes das tres universidades galegas

Nesta convocatoria cada galardoado recibirá 2.500 euros, a máxima dotación económica

As mulleres representan case o 70% das distincións

O obxectivo é recoñecer a excelencia do alumnado que rematou os seus estudos no ano 2013 no Sistema Universitario de Galicia

Sáb, 13/09/2014 - 11:00
A Consellería de Cultura e Educación concede os premios fin de carreira a 58 est
A Consellería de Cultura e Educación concede os premios fin de carreira a 58 estudantes das tres universidades galegas

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de facer pública na súa páxina web a proposta de concesión dos premios fin de carreira a un total de 58 alumnos que remataron os seus estudos no curso 2012-2013 no sistema Universitario de Galicia (SUG), dos cales case o 70 por cento (40 en concreto) son mulleres.

Do total, 24 proveñen da Universidade de Santiago de Compostela, 18 da Universidade de Vigo e 16 da Universidade da Coruña. Tal como establece a resolución -que se publicará no DOG nos vindeiros días- todos recibirán a máxima dotación económica, fixada en 2.500 euros, así como un diploma acreditativo desta distinción. 

Os premios fin de carreira teñen como finalidade recoñecer o traballo, esforzo e excelencia das mellores traxectorias académicas dos estudantes das universidades galegas. Desta forma a Consellería de Cultura e Educación reafirma o seu compromiso coa excelencia educativa, así como co apoio ao estudantado universitario no marco das iniciativas que a Consellería desenvolve para favorecer a calidade, a competencia, a igualdade de oportunidades.

Contando con esta última resolución, nos seus 24 anos de historia un total de 1.004 titulados do Sistema universitario de Galicia obtiveron este premio.

Destinatarios

A convocatoria foi dirixida ao alumnado que no curso 2012/2013 rematara os seus estudos conducentes aos títulos de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico, que foran cursado de forma íntegra nas universidades do Sistema Universitario de Galicia.

Para seren beneficiarios dos premios os candidatos debían ter unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 8,50 puntos, para alumnos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 7,50 puntos, para alumnos da rama de Enxeñaría e Arquitectura.

Menús News node R