Resolucións provisionais de habilitacións de profesorado de centros privados na provincia de A Coruña

Ven, 06/08/2010 - 09:15

Vistas as solicitudes de habilitación do profesorado de centros privados pola Comisión constituída segundo o establecido no apartado décimo da Orde de 25 de novembro de 1997 (DOG 22/11/1997), e considerando que de acordo co establecido ao respecto no apartado décimo punto 5 da orde mencionada, é competencia da mencionada Comisión facer público os listados provisionais de habilitación e, nos casos que proceda, indicarase a causa pola que se denega.

Contra a presente resolución poderán interpoñer reclamación, alegando os afectados o que consideren procedente en dereito nun prazo de 15 días hábiles a partir do día seguinte a súa publicación.