Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Resolucións provisionais de habilitacións de profesorado de centros privados na provincia de Pontevedra

Mar, 10/08/2010 - 12:08

De acordo co disposto no apartado 5 do punto décimo da Orde do 25 de novembro de 1997, pola que se regulan os requisitos que deben posuir os profesores dos centros privados da Comunidade Autónoma de Galicia para impartir a área de lingua galega e literatura e as materias optativas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, e na que se determinan os coñecementos necesarios de lingua galega dos profesores e o procedemento de habilitación para exercer a docencia na educación infantil, educación primaria, educación secundaria e bacharelato (DOG do 22 de decembro); procedese á publicación do listado provisional de habilitacións concedidas e denegadas na provincia de Pontevedra, e establécese un prazo de 15 días (ata o 27 de agosto do 2010) para que os interesados poidan alegar o que consideren procedente no seu dereito.