Máis de 200.000 escolares de educación infantil e primaria e educación especial comezarán o curso 2014/2015 este mércores 10 de setembro

Nos centros galegos de educación infantil están matriculados 65.093 alumnos e alumnas, un 3’2% menos ca no curso anterior

En Primaria medra o alumnado un 1,1%, ata acadar os 134.968 estudantes

Na educación especial o descenso de nenas e nenos matriculados é do 4%

O 15 de setembro comezará o curso para os estudantes de secundaria e bacharelato

Lun, 08/09/2014 - 09:44
Máis de 200.000 escolares de educación infantil e primaria e educación especial
Máis de 200.000 escolares de educación infantil e primaria e educación especial comezarán o curso 2014/2015 este mércores 10 de setembro

Este mércores, 10 de setembro, comezarán as clases nos ciclos de educación infantil e primaria educación especial para 201.383 alumnos e alumnas, o que supón un 0,3% menos ca no curso 2013/2014, segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura e Educación. Neste sentido cómpre lembrar que as cifras de matriculación poden ir mudando ao longo do curso escolar.

Educación Infantil

Segundo estimacións da Xunta de Galicia, 65.093 alumnos e alumnas comezarán o mércores 10 de setembro nas aulas de educación infantil, o que supón un 3,2% menos ca no curso 2013/2014, un descenso que nos centros públicos é do 3,5%, derivado da progresiva caída da natalidade.

Por tipo de centros e por provincias queda do seguinte modo:

Nesta etapa educativa o alumnado non nacionalizado español diminuíu lixeiramente respecto do curso anterior.

Educación Primaria

Por outra banda as mesmas previsións que manexa a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, indican que 134.968 alumnos e alumnas tamén comezaran o luns as clases de educación primaria en Galicia, o que supón un 1,1% máis ca no curso 2013/2014.

No caso da educación primaria o número de alumnos e alumnas sen nacionalidade española a diferenza respecto do ano paso é do 10%:

 

Educación especial

No que atinxe á educación especial, o número estimado de matriculados para este curso é de 1.322, un 4% menos ca no 2013/2014

Por tipo de centros e por provincias queda do seguinte modo:

 

Centros escolares

Os centros que desde o 10 de setembro impartiran ensinanzas de educación infantil e primaria e educación especial, quedan distribuídos do seguinte xeito:

Servizos complementarios

O mesmo día do comezo de curso escolar empezarán a funcionar os servizos de transporte e os de comedor xestionados pola Consellería, tras as modificacións oportunas que se realizan anualmente para o seu axuste ás necesidades actuais.

Así este ano, a falta de que se pechen as autorizacións de prazas, o número estimado de prazas de comedor escolar será de 71.731, das cales 11.692 serían xestionadas por ANPAS ou Concellos, existindo tamén axudas – ou convenios de colaboración- da Consellería neste concepto para ambas as entidades. En total o departamento educativo da Xunta xestiona de forma directa 302 comedores escolares e de forma indirecta – a través de empresas que serven menús con todos os estándares de calidade garantidos- outros 129. Pola súa banda as ANPAS son responsables de 143 comedores e os Concellos de 34.

No que atinxe ao transporte, prestarase servizo – segundo as estimacións- a 93.190 alumnas e alumnos de 784 centros públicos a través de 3.846 rutas e 2.279 autobuses.