A Consellería de Cultura e Educación asina un convenio de colaboración coa Fundación Universidade da Coruña (FUAC) para o desenvolvemento de proxectos de Formación Profesional Dual e o apoio aos programas de bolsas

Ambas entidades coinciden en salientar a necesidade de fomentar a formación dual e a inserción laboral dos titulados/as en formación profesional, en ensinanzas artísticas e en ensinanzas deportivas ao producirse un maior contacto coas empresas, mediante a implantación de programas de bolsas

Dom, 10/08/2014 - 10:35
A Consellería de Cultura e Educación asina un convenio de colaboración coa Funda
A Consellería de Cultura e Educación asina un convenio de colaboración coa Fundación Universidade da Coruña (FUAC) para o desenvolvemento de proxectos de Formación Profesional Dual e o apoio aos programas de bolsas

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Universidade da Coruña veñen de subscribir un convenio para a colaboración no desenvolvemento de proxectos de formación profesional dual e o apoio aos programas de bolsas de formación para os titulados e tituladas en formación profesional e ensinanzas artísticas e deportivas.

Deste xeito o departamento de Educación dá un paso máis na súa aposta pola FP Dual, co desenvolvemento de proxectos de formación profesional dual no sistema educativo, mediante a implantación e a aplicación dun réxime de bolsas FUAC nos proxectos de formación profesional dual que autorice a Administración educativa mediante un convenio con empresas colaboradoras. Este réxime de bolsas destinado aos proxectos de formación profesional dual é de natureza extralaboral, co fin de beneficiar directamente as propias persoas bolseiras, para recibiren a formación necesaria para a obtención dun título de formación profesional de grao medio ou superior ou, de ser o caso, acreditación parcial acumulable.

Por outra banda, a creación do programa de bolsas de formación da FUAC destinadas a titulados/as en formación profesional, en ensinanzas artísticas e nas deportivas do sistema educativo, ten como obxectivo proporcionarlles unha maior formación e cualificación práctica e así facilitar a súa inserción profesional. Este programa de bolsas de formación é un mecanismo de natureza extralaboral pensado co fin de beneficiar directamente aos/ás propios/as bolseiros/as para que perfeccionen os seus coñecementos, permitindo así ampliar o seu campo de coñecementos. De acordo con este obxectivo a FUAC implantará e desenvolverá programas e actuacións específicas encamiñadas a facilitar a realización de prácticas de formación en empresas de calquera tamaño e sector de actividade en condición de bolseiros.

Este convenio fírmase logo de que ambas partes coincidan en salientar a necesidade de fomentar a formación profesional dual como xeito de incrementar o número de persoas que poidan obter un título de formación profesional así como de facilitar a inserción laboral dos xa titulados en formación profesional, en ensinanzas artísticas e nas ensinanzas deportivas do sistema educativo ao producirse un maior contacto coas empresas.