A Consellería de Cultura e Educación ten previsto crear 367 novas seccións bilingües para o próximo curso 2014/2015

Este xoves publicarase no portal web do departamento educativo da Xunta de Galicia a resolución provisional das novas seccións, tras o que se abre un prazo para que os centros solicitantes que quedaran fóra presenten as súas alegacións

Mér, 23/07/2014 - 18:49
 A Consellería de Cultura e Educación ten previsto crear 367 novas seccións bili
A Consellería de Cultura e Educación ten previsto crear 367 novas seccións bilingües para o próximo curso 2014/2015

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicará este xoves no seu portal web a resolución provisional das novas seccións bilingües, segundo a cal se crearán 367 novas, ata chegar a un total de 3.223, un 13% máis das do curso 2013/2014. Das 367 novas seccións, 162 estarán na provincia da Coruña, 29 na de Lugo, 37 na de Ourense e 139 na de Pontevedra. Tras a publicación da resolución provisional abrirase un prazo para que os centros solicitantes que quedaran fóra presenten as súas alegacións.

Deste xeito dáse continuidade ao desenvolvemento do Plan para o vindeiro curso. De feito, xa se publicou a resolución provisional da convocatoria pola que a Consellería incorporará 35 novos centros á Rede de Plurilingües, ata sumar un total de 220 e pola que, ademais, 6 centros plurilingües que xa tiñan este modelo educativo (combinando galego, castelán e unha lingua estranxeira, ata chegar cada unha delas a un terzo do horario lectivo) na etapa de Primaria incorporarana á de Secundaria.