Modificación da Orde do 3 de xuño de 2011 relativa ao exercicio da docencia nos centros privados nas ensinanzas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional e se establece o procedemento de habilitación

Ven, 04/07/2014 - 09:10

Xúntase a Orde do 23 de xuño de 2014 pola que se modifica a Orde do 3 de xuño de 2011 pola que se desenvolve a normativa para o exercicio da docencia nos centros privados nas ensinanzas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional e se establece o procedemento de habilitación.

Abrirase un prazo extraordinario, durante o mes de outubro de 2014, para que poidan solicitar a habilitación correspondente aquelas persoas incluídas na disposición transitoria segunda da Orde do 3 de xuño de 2011 e que non o fixeron no mes de febreiro de 2012 ou a realizaron inadecuadamente.