Xesús Vázquez Abad recibiu aos docentes da II fase do proxecto Talento 3.0

O plan pretende mellorar a formación do profesorado na educación do alumnado con altas capacidades

Ven, 27/06/2014 - 20:06
Xesús Vázquez Abad recibiu aos docentes da II fase do proxecto Talento 3.0
Xesús Vázquez Abad recibiu aos docentes da II fase do proxecto Talento 3.0

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, recibiu hoxe aos participante da II fase do proxecto Talento 3.0 desenvolvido pola Fundación Barrié en colaboración coa Unidade de Altas Capacidades da Universidade de Santiago de Compostela. Esta acción de formación docente en educación de alumnos con altas capacidades está dirixida, fundamentalmente, a docentes de primaria e secundaria.

Talento 3.0 nace para mellorar a formación do profesorado na educación de alumnas e alumnos con altas capacidades. Este sistema pretende ofrecer unha proposta para a formación dos ensinantes baseado nalgúns dos modelos científicos máis recoñecidos e válidos, pero convenientemente adaptados á nosa realidade educativa, económica e cultural. Esta aproximación, na que se combinan os compoñentes máis vantaxosos de diferentes teorías e experiencias, constitúe unha medida de intervención poderosa para facer fronte ás necesidades reais do noso sistema educativo.