Ábrese o prazo para actualizar o expediente persoal alegando novos méritos que non consten no mesmo
Mér, 07/05/2014 - 12:40
Ábrese o prazo, desde o luns 5 de maio ata o 31 do mesmo mes de 2014 para que o persoal docente, funcionario de carreira e en prácticas de todos os corpos poidan actualizar o seu expediente persoal alegando novos méritos que non consten no mesmo, no enderezo web www.edu.xunta.gal/datospersoais.
A través deste enderezo poderá xerar unha instancia coas alegacións introducidas, que deberá presentar xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados.
- Neste prazo non se poden alegar publicacións nin méritos artísticos e literarios.