Xesús Vázquez Abad comproba o avance das obras de construción da nova Escola de Educación Infantil de Betanzos

O conselleiro de Cultura e Educación deu conta da evolución da infraestrutura que abrirá as súas portas para o vindeiro curso 2014-2015 e que terá unha capacidade de ata 375 alumnas e alumnos

Ven, 28/03/2014 - 14:17
 Xesús Vázquez Abad comproba o avance das obras de construción da nova Escola de
Xesús Vázquez Abad comproba o avance das obras de construción da nova Escola de Educación Infantil de Betanzos

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, comprobou hoxe pola maña a evolución das obras da nova Escola de Educación Infantil de Betanzos, que cun orzamento de 2,7 millóns de euros dará resposta as necesidades educativas da zona, cunha poboación escolar en crecemento. Unha actuación que volve a demostrar a aposta da Consellería por atender as demandas do alumnado en Galicia.  

A construción da EEI de Betanzos, que está a ser realizada pola empresa Construcciones Vila Río Miño, S.A. iniciouse o pasado mes de setembro e estará rematada de cara ao vindeiro curso escolar. Tal e como sinalou o conselleiro “a nova escola, dunha sola planta, contará con 15 unidades nos que poderán estudar ata 375 estudantes. Cada dúas clases haberá un baño propio e ademais o centro contará con comedor, sala de usos múltiples, e zona administrativa con sala de profesorado e despacho para as Apas. Ademais contará cunha sala de usos múltiples e aseos. En total se construirán máis de 2500 m2 incluídos “porches”, e contará cun patio e cunha zona cuberta apropiada para os días de choiva”.

Durante a visita o conselleiro estivo acompañado polo secretario xeral técnico da Consellería, Jesús Oitavén, o xefe territorial de Educación na provincia, Indalecio Cabana así como responsables da obra tanto desde a Consellería como da propia empresa.

O investimento

Tras o percorrido pola obra Vázquez Abad recordou que “aínda que o proxecto inicial vai desenvolver 15 aulas, esta reflectidaunha posible ampliación de tres máis, en función das necesidades que vaian xurdindo e as que daremos resposta”.

Ademais engadiu que “sobre o proxecto presentado e aprobado inicialmente fíxose unha modificación co fin de adecuar o terreo o que significou un aforro de máis de 167.000 euros, quedando finalmente o investimento fixado en 2,7 millóns, un custe ao que haberá que engadir o equipamento do mesmo, e que aínda que non o temos fixado neste momento si que lles podo adiantar que será en torno ao 10% do orzamento total o que suporá que a escola superará os tres millóns de euros”.